Archivo
Tamén as bágoas
Experiencia sobrada deberiamos ter con esas leis que, co discurso de regulamentar, racionalizar, aumentar a eficiencia, garantir a competencia ou calquera outra proclama populista, agochan sempre unha transferencia directa a mans privadas de recursos naturais, infraestruturas e capitais que pertencen a todos e todas nós. Leer más…
O lugar máis ameazado de Europa

Se por ameaza entendemos o constante -e histórico- bombardeo de medidas e contra-medidas, normas e contra-normas, e accións e inaccións políticas que anualmente cae sobre un dos máis valiosos espazos naturais da costa galega, abofé que Corrubedo estaría, e de feito está, entre os lugares máis ameazados de Europa. Leer más…
A quen permiten gobernar os Gobernos?
Láiase hoxe Miguel Anxo Fernán-Vello no seu caderno aberto de que os mercados financeiros mundiais actúan como un Goberno Mundial na sombra, e de como os Gobernos “dun tempo a esta parte, adoitan renderse ao xugo imposto e seguiren as pautas marcadas polo Fondo Monetario Internacional e polos señores que, á par, dirixen os mercados financeiros”. E non lle falta en absoluto razón. Leer más…
Mensaxe ao G-20: a Taxa Tobin é nosa!
Coa razón como bandeira, parece existir un consenso cidadá na percepción de que os gobernos, presos dos -ou aliados cos- poderes financeiros nos están a roubar diante dos nosos fociños. Os desamaños financeiros agrupados nesa especulación que semella un xeito de vida para as elites da poboación mundial caeron, caen e seguirán caendo no retroceso social da maioría. E seguimos apampados. Leer más…
A burbulla acuícola galega
É a partir da década de 1980 cando se comeza a desenvolver no mundo a acuicultura intensiva, pois até entón era a extensiva, como a que se dá co noso marisqueo ou coas nosas bateas, o máis estendido, actividade de sempre realizada por pescadores, mariscadoras… Polo pobo.
A acuicultura intensiva é a produción industrial de animais, con concentracións moi elevadas de individuos en superficies pequenas –balsas, piscinas, xaulas–, emprego de alta tecnoloxía, alimentación artificial, tratamentos químicos e farmacéuticos, hormonas, e producindo altos redementos económicos, mais tamén custes ambientais e socioeconómicos (locais) moi elevados e por veces dramáticos. Non é moi diferente da cría intensiva dos animais de granxa.
O plan acuícola que se está a tentar desenvolver en Galiza dende 2005, con tres modificacións de tres sucesivos gobernos, só atende este tipo de acuicultura, e especialmente á cría de rodaballo, unha especie carnívora cuxo cultivo depende da pesca extractiva. Leer más…





RSS
