Viernes, 18 de marzo de 2011
Artigo publicado o 8/05/2010, novamente de actualidade.
A desfeita provocada pola plataforma petrolífera diante das costas de Luisiana (EUA) obriga a pensar se compensa facer tantos milleiros de prospecións –como hogano acontece no mundo– na procura dese ouro negro tan vital para o mantemento da insustentábel economía do crecemento continuo na que estamos mergullados. Dirán que o acontecido, unha catástrofe ecolóxica mil veces máis grave que a provocada polo Katrina, non é máis cun dano colateral dunha procura –e dependecia– inevitábel. Ao cabo, só foi unha vez… e non morreu ninguén (humano) por mor da marea negra.
O dito pensamento lévame inevitabelmente –e se cadra demagoxicamente– ao eido da enerxía nuclear, que como saben cada día defende máis xente para compensar a nosa dependencia do petróleo. Sen ir máis lonxe, Felipe González apelou nunha entrevista concedida a Iñaki Gabilondo en CNN+ –si, ás veces a un dálle por escoitar o inimigo– a un “debate sereo” sobre a necesidade de recuperar a electricidade radiactiva nun escenario de dependencia absoluta dos combustíbeis fósiles. Vale, e se recuperamos a enerxía nuclear e un deses accidentes acontece unha vez?
Hai uns anos escribín un artigo ao respecto… déixoo para a súa consulta. Leer más…
Manoel Santos Pedras para un castelo ecoloxía, enerxía, nucleares
Domingo, 13 de marzo de 2011
Que a decisión do Goberno español de reducir en dez quilómetros por hora a velocidade máxima dos automóbiles é efectiva á hora de aforrar enerxía é unha obviedade, e máis cando falamos de transporte, que chucha o 40% da enerxía que consumimos. Leer más…
Manoel Santos Pedras para un castelo automóbil, ecoloxía, ecoloxía social, enerxía, petróleo
Lunes, 17 de enero de 2011
Entre crecemento e decrecemento hai algo? Para moitos a solución á incompatiblidade entre desenvolvemento económico –crecemento económico– e preservación dos recursos non renovábeis do planeta, dois ecosistemas e da biodiversidade leva o nome de desenvolvemento sustentábel. Algo así como un medrar con coidadiño bastante ilusorio. O decrecemento, como necesidade social e planetaria, oponse radicalmente ao termo tan empregado e, para moitos e moitas activistas, xa baldeiro de contido de “desenvolvemento sustentábel”, especialmente porque a clase política e empresarial ten identificado desenvolvemento con crecemento, de xeito que se dá unha flagrante contradición: o que se desenvolve non pode ser sustentábel, e o que é sustentábel non se desenvolve. Leer más…
Manoel Santos Pedras para un castelo decrecemento, desenvolvemento sustentábel, economía, efecto rebote, enerxía
Domingo, 17 de octubre de 2010
Ao redor do decreto do carbón, que deixa no aire centos de postos de traballo en Cerceda e As Pontes, mais non muda un chisco o suicida esquema enerxético do Estado, hai dúas cuestións sobre as que cómpre reflexionar. Leer más…
Manoel Santos Pedras para un castelo cambio climático, ecoloxía social, enerxía, sindicalismo, traballo
Jueves, 19 de agosto de 2010
Que hai unha serie de gobernos en América latina que están a constituír unha vangarda mundial na procura dun cambio radical no noso depredador modelo de sociedade é unha obviedade, malia que demasiadas veces a arañeira informativa do primeiro mundo, ese que vive rexido polo máis voraz dos sistemas económicos, teime en desacreditar a Hugo Chávez, Evo Morales, Fernando Lugo, Rafael Correa… vestíndoos de tolos ditadores ou ignorantes dirixentes. Leer más…
Manoel Santos Pedras para un castelo América Latina, ecoloxía, ecoloxía social, ecuador, enerxía