Archivo

Entradas Etiquetadas ‘ecoloxía’
Miércoles, 21 de julio de 2010

As dúas visións do cambio climático

portada32O meirande desafío da humanidade, que ten que ver coa necesidade de lle facer fronte a unha mudanza climática encadrada nunha crise ambiental de augurios apocalípticos, ten hoxe dúas supostas resolucións enriba da mesa. Dunha banda a do feble entendemento xurdido da Conferencia de Copenhagen en decembro de 2009, que terá continuidade na COP-16 de Cancún a finais de ano. Da outra, o Acordo dos Pobos xerado na Conferencia Mundial dos Pobos sobre o Cambio Climático e os Dereitos da Nai Terra celebrado en Cochabamba (Bolivia) en abril deste ano. A proposta dos poderosos, dos gobernos neoliberais e das empresas que os amparan, fronte á proposta da sociedade civil e dos gobernos antihexemónicos, fundamentalmente os latinoamericanos. Leer más…

Manoel Santos Pedras para un castelo , ,

Jueves, 17 de junio de 2010

Decrecemento: hai outra opción?

decroissanceComo se pode imaxinar que o PIB mundial, que era de 6.000 millóns de dólares en 1950, que pasou a 43.000 millóns en 2000, poida medrar en 2050 a 172.000 millóns sen trastornar máis aínda os equilibrios naturais, como se iso fora unha mecánica virtuosa? A pregunta –de Jean-Paul Besset– refírese ao “progreso” esperábel atendendo a unha das máximas do capitalismo actual: fai falla un medre anual do 2-3% para seguir a producir e consumir nun panorama de descenso do paro. Leer más…

Manoel Santos Pedras para un castelo , , ,