Viernes, 24 de junio de 2011
Durante anos, demasiados, a conciencia ambiental, isto é, a capacidade para pensarmos o planeta coma un valor a protexer, foi algo alleo á maioría dos habitantes da biosfera. Até a segunda metade do século XX, co auxe da era industrial, non estoupou o movemento ecoloxista. Primeiro como ambientalista, centrado máis ca nada no conservacionismo e na contaminación, e hoxe xa cunha visión máis ampla, a da ecoloxía social. No entanto, o conservacionismo segue a ser imprescindíbel. Leer más…
Manoel Santos Pedras para un castelo acuicultura, ecoloxía, ecoloxía social, natura 2000
Martes, 5 de abril de 2011
A loita dos mariñeiros de Muros contra a instalación de gaiolas para o engorde de salmón nesa brava ría que abren as puntas de Corrubedo e o Monte Louro está plenamente xustificada, especialmente se atendemos aos efectos que este tipo de piscicultura ten sobre o ambiente e a pesca local noutras latitudes. Leer más…
Manoel Santos Pedras para un castelo activismo, acuicultura, ecoloxía, ecoloxía social
Domingo, 27 de marzo de 2011
Os movementos altermundistas levan denunciando dende hai xa tres lustros os perigos do capitalismo especulativo e financiarizado -ou virtual- que, como se augurou dende os foros sociais mundiais, rematou mergullado nunha desfeita económico-financeira que afecta sobre todo aos máis pobres do planeta.
Leer más…
Manoel Santos Pedras para un castelo activismo, ecoloxía, foro social mundial, imperialismo, movementos sociais
Viernes, 18 de marzo de 2011
Artigo publicado o 8/05/2010, novamente de actualidade.
A desfeita provocada pola plataforma petrolífera diante das costas de Luisiana (EUA) obriga a pensar se compensa facer tantos milleiros de prospecións –como hogano acontece no mundo– na procura dese ouro negro tan vital para o mantemento da insustentábel economía do crecemento continuo na que estamos mergullados. Dirán que o acontecido, unha catástrofe ecolóxica mil veces máis grave que a provocada polo Katrina, non é máis cun dano colateral dunha procura –e dependecia– inevitábel. Ao cabo, só foi unha vez… e non morreu ninguén (humano) por mor da marea negra.
O dito pensamento lévame inevitabelmente –e se cadra demagoxicamente– ao eido da enerxía nuclear, que como saben cada día defende máis xente para compensar a nosa dependencia do petróleo. Sen ir máis lonxe, Felipe González apelou nunha entrevista concedida a Iñaki Gabilondo en CNN+ –si, ás veces a un dálle por escoitar o inimigo– a un “debate sereo” sobre a necesidade de recuperar a electricidade radiactiva nun escenario de dependencia absoluta dos combustíbeis fósiles. Vale, e se recuperamos a enerxía nuclear e un deses accidentes acontece unha vez?
Hai uns anos escribín un artigo ao respecto… déixoo para a súa consulta. Leer más…
Manoel Santos Pedras para un castelo ecoloxía, enerxía, nucleares
Domingo, 13 de marzo de 2011
Que a decisión do Goberno español de reducir en dez quilómetros por hora a velocidade máxima dos automóbiles é efectiva á hora de aforrar enerxía é unha obviedade, e máis cando falamos de transporte, que chucha o 40% da enerxía que consumimos. Leer más…
Manoel Santos Pedras para un castelo automóbil, ecoloxía, ecoloxía social, enerxía, petróleo
Martes, 22 de febrero de 2011
Se as organizacións da esquerda política non son quen de ver que a saída á crise civilizatoria que vivimos non pode pasar por insistir en recuperar situacións de benestar relativo preexistentes, porque o benestar non é só bonanza económica, é que non paga a pena revitalizalas.
Leer más…
Manoel Santos Pedras para un castelo anticapitalismo, decrecemento, democracia, ecoloxía, ecoloxía social, economía
Martes, 14 de septiembre de 2010

Se por ameaza entendemos o constante -e histórico- bombardeo de medidas e contra-medidas, normas e contra-normas, e accións e inaccións políticas que anualmente cae sobre un dos máis valiosos espazos naturais da costa galega, abofé que Corrubedo estaría, e de feito está, entre os lugares máis ameazados de Europa. Leer más…
Manoel Santos Pedras para un castelo acuicultura, ambiente, corrubedo, ecoloxía, ecoloxía social, especulación, urbanismo
Lunes, 23 de agosto de 2010
Malia que existe moita xente que teima en afondar en infecundas rifas semánticas cando parolamos sobre a esquerda social e a esquerda política, rexeitando os termos por coidar, como así é, que a esquerda social tamén é política; penso que no seu significado máis simple –a esquerda que traballa inserida nas institucións e a que traballa a pé de rúa– a diferenza é ben acaída. Leer más…
Manoel Santos Pedras para un castelo anticapitalismo, ecoloxía, esquerda, galiza, movementos sociais, política, socialdemocracia
Jueves, 19 de agosto de 2010
Que hai unha serie de gobernos en América latina que están a constituír unha vangarda mundial na procura dun cambio radical no noso depredador modelo de sociedade é unha obviedade, malia que demasiadas veces a arañeira informativa do primeiro mundo, ese que vive rexido polo máis voraz dos sistemas económicos, teime en desacreditar a Hugo Chávez, Evo Morales, Fernando Lugo, Rafael Correa… vestíndoos de tolos ditadores ou ignorantes dirixentes. Leer más…
Manoel Santos Pedras para un castelo América Latina, ecoloxía, ecoloxía social, ecuador, enerxía
Jueves, 12 de agosto de 2010
Ocorréuseme emular o meu admirado Boaventura de Sousa Santos, un dos sociólogos máis eminentes e, en suma, máis clarividentes do planeta, no título deste artigo, un laído de indignación contra a inxustiza na terra nosa, ou no mar noso. Ese mesmo mar que hai case oito anos mudaba azul por negro, sal por fuel oil, roupas de augas verdes por monos brancos e, en definitiva, ondas de biodiversidade por morte e desesperación. O mar do Prestige e a terra de Nunca Máis. Leer más…
Manoel Santos Pedras para un castelo ecoloxía, fascismo, prestige