Viernes, 24 de junio de 2011
Durante anos, demasiados, a conciencia ambiental, isto é, a capacidade para pensarmos o planeta coma un valor a protexer, foi algo alleo á maioría dos habitantes da biosfera. Até a segunda metade do século XX, co auxe da era industrial, non estoupou o movemento ecoloxista. Primeiro como ambientalista, centrado máis ca nada no conservacionismo e na contaminación, e hoxe xa cunha visión máis ampla, a da ecoloxía social. No entanto, o conservacionismo segue a ser imprescindíbel. Leer más…
Manoel Santos Pedras para un castelo acuicultura, ecoloxía, ecoloxía social, natura 2000
Jueves, 9 de junio de 2011
Nun Día Mundial do Medio Ambiente coma o de hoxe, mais hai xa 19 anos, a Xunta declaraba Parque Natural o complexo dunar de Corrubedo, hogano o espazo protexido máis visitado do país e un dos máis valorados polas galegas e galegos, que senten este anfiteatro areoso como seu. Leer más…
Manoel Santos Pedras para un castelo activismo, acuicultura, ecoloxía social
Viernes, 27 de mayo de 2011
Este domingo, 29 de maio, entrégase o Pedrón de Ouro a Lidia Senra, muller, labrega, activista, xusta. Quero recuperar un miúdo texto que escribira hai uns meses, logo de que Tareixa Ledo escribira un fantástico libro: Lidia Senra Rodríguez. A historia dun liderado entrañable Leer más…
Manoel Santos Pedras para un castelo activismo, agrarismo, ecoloxía social, movementos sociais, sindicalismo, sindicato labrego galego
Lunes, 23 de mayo de 2011
Hai unhas semanas escribía aquí sobre as dúas eivas, ou ausencias, que eu detectaba nas propostas de movementos como o 12 de Março portugués, o Uncut británico ou o 15M no Estado español. Todos nacen contra a ineficacia política, os recortes e esa ditadura dos mercados que crea lexións de precarios e precarias con mínima capacidade decisoria. De aí o de “Democracia Real Xa!”. Porén, por agora afondan pouco en cuestións como a xustiza social co Sur e a xustiza ambiental, piares primordiais para a mudanza social do sistema-mundo. Leer más…
Manoel Santos Pedras para un castelo activismo, anticapitalismo, capitalismo, ecoloxía social, movementos sociais
Jueves, 19 de mayo de 2011
Nesta semana que remata deixounos, coa mesma dignidade coa que viviu, Ramón Fernández Durán, fundador de Ecoloxistas en Acción e todo un faro-guía, compás quizais, para quen concordamos en que cómpre superar este sistema capitalista, xerador da maior crise socioambiental da historia da humanidade, ou da historia natural. Leer más…
Manoel Santos Pedras para un castelo activismo, anticapitalismo, ecoloxía social, movementos sociais
Lunes, 11 de abril de 2011
Nas últimas semanas, co agromar da Plataforma Galega contra a Lei de Augas, xurdiu un desencontro -que non enfrontamento- entre os ecoloxistas e a antedita Plataforma, que ten como integrante ao Sindicato Labrego Galego. Leer más…
Manoel Santos Pedras para un castelo anticapitalismo, auga, capitalismo, ecoloxía social
Martes, 5 de abril de 2011
A loita dos mariñeiros de Muros contra a instalación de gaiolas para o engorde de salmón nesa brava ría que abren as puntas de Corrubedo e o Monte Louro está plenamente xustificada, especialmente se atendemos aos efectos que este tipo de piscicultura ten sobre o ambiente e a pesca local noutras latitudes. Leer más…
Manoel Santos Pedras para un castelo activismo, acuicultura, ecoloxía, ecoloxía social
Lunes, 21 de marzo de 2011
Ou entre dez mil millóns. O caso é que aconteceu esa unha, esa disque ínfima posibilidade de que unha das “segurísimas” centrais nucleares fique fóra de control e provoque primeiro un éxodo masivo de seres humanos e despois, se mal cadra, a morte de moitos deles. Os outros moradores dos ecosistemas non poderán fuxir. Leer más…
Manoel Santos Pedras para un castelo ecoloxía social, neoliberalismo, nucleares
Domingo, 13 de marzo de 2011
Que a decisión do Goberno español de reducir en dez quilómetros por hora a velocidade máxima dos automóbiles é efectiva á hora de aforrar enerxía é unha obviedade, e máis cando falamos de transporte, que chucha o 40% da enerxía que consumimos. Leer más…
Manoel Santos Pedras para un castelo automóbil, ecoloxía, ecoloxía social, enerxía, petróleo
Domingo, 27 de febrero de 2011
Experiencia sobrada deberiamos ter con esas leis que, co discurso de regulamentar, racionalizar, aumentar a eficiencia, garantir a competencia ou calquera outra proclama populista, agochan sempre unha transferencia directa a mans privadas de recursos naturais, infraestruturas e capitais que pertencen a todos e todas nós. Leer más…
Manoel Santos Pedras para un castelo ambiente, auga, ecoloxía social, especulación, globalización, neoliberalismo, privatización