Martes, 1 de febrero de 2011
Edificar un novo referente político para a esquerda transformadora galega supón, antes ca nada, desprendérmonos das moitas sobrecargas que impiden a nosa liberación, quer mental, quer material. Só deste xeito poderemos pensar con claridade e organizarnos con eficacia para combater a ideoloxía dominante. Entre outros, como o sectarismo ou a desconfianza -tanto custa atopar espazos para dar conta de obxectivos comúns?-, hai tres tipos de lastre que cómpre arriar en banda: o tempo, o medo e o pensamento único. Leer más…
Manoel Santos Pedras para un castelo bng, democracia, movementos sociais, nacionalismo, política, socialismo
Lunes, 24 de enero de 2011
A estas alturas xa non temos que incidir máis en que a meirande crise sistémica da historia, no canto de producir un rexurdir das teses da esquerda, esas que falan dunha economía planificada na que a clase traballadora domine os medios de produción e na que o capital humano -e o capital planeta- prime sempre sobre o capital financeiro, está a producir un paradoxal reforzamento da ideoloxía ultraliberal -na que incluímos a dos neocons e a dos socialdemócratas, sexan ou non reformistas-, principal causante deste insoportábel tsunami que asolaga dereitos sociais, postos de traballo e unha longa listaxe de decisións democráticamente adquiridas ao longo das últimas décadas. Leer más…
Manoel Santos Pedras para un castelo bng, capitalismo, democracia, globalización, movementos sociais, política, socialismo
Lunes, 27 de diciembre de 2010
Logo do recuncar da dereita máis reaccionaria na Galiza e da posíbel volta do PP ao goberno do Estado en 2012, un só pode concluír que os movementos sociais transformadores deberamos manifestarnos -e mobilizarnos- decidida e publicamente en período de eleccións, xa sexan locais -onde podemos ter máis grao de incidencia-, nacionais ou estatais; mais ca nada para evitar os retrocesos que chegan coa dereita. Leer más…
Manoel Santos Pedras para un castelo activismo, democracia, movementos sociais, mst
Lunes, 10 de mayo de 2010
Un dos actos centrais da presidencia de quenda española da UE debería ser o Cumio de Xefes de Estado e de Goberno da UE cos de América Latina e O Caribe, para celebrar en Madrid os vindeiros 17, 18 e 19 de maio.
A súa importancia é vital para a UE, por canto a Estratexia Europa 2020, que substituirá este ano á Estratexia de Lisboa, marca como grande obxectivo o crecemento económico, cuestión ben difícil de emprender se non se garante e potencia aínda máis a presenza europea nos gorentosos mercados latinoamericanos, enchidos de todos os recursos naturais dos que o vello continente carece. E máis aínda se temos en conta que a desexada expansión da UE cara ó Leste, a países que, como Ucraína, posúen extraordinarias reservas enerxéticas, non vai ser tan doada. Rusia aínda conta. Leer más…
Manoel Santos Pedras para un castelo América Latina, democracia, Honduras, Unión Europea