Espazos, a tripla fractura
A sociedade está rachada de vez. A fractura, fonda fenda, entre cidadanía e política institucional non é a única que paira sobre este caos sistémico, porque ao cabo é iso o que nos acompaña nos últimos meses, semanas, anos. Hai tamén unha fractura social, no social, do social. Unha fractura na orixe. Unha desestruturación salvaxe na que a maioría das persoas, as de abaixo, non son quen de se atopar, de se encontrar, de tecer redes poderosas, de loitar en común, polo común. De esixir, mandar, gobernar. Os seus instintos comunitarios foron roubados, esnaquizados, asasinados. Ou deixáronse roubar.
E hai tamén unha fractura na política, nos partidos, nas institucións. Unha fractura na orixe, outra no camiño e outra no destino. As datas de consumo preferente caducaron de vez. Xa non serven. Viven noutro mundo, autistas e alporizados, con medo, medo á democracia, á xente, ás propostas e ás disidencias, á diversidade e á imaxinación. Medo ao outro. Viven obsesionados coa militancia, cunhas vulgares caixas de cristal enchidas de sobres brancos, e negras esperanzas, fóra das rúas, fóra das xentes, afastados das bases sociais que un día, xa non lembro cando, lle cederon unha representación por eles prostituída, enlixada, desprezada, ultraxada.
En estando todo rachado, desestruturado, inconexo e desencontrado, só podemos pensar en recompoñer, ou se cadra compoñer de novo, ou simplemente poñer. Sen prefixos. Sen máis.
Espazos. Cómpren novos espazos. De participación, de encontro, de intercambio de experiencias, de vivires, de anhelos e de esperanzas. Espazos para falar, para dicir, para escoitar, para decidir, para construír. Espazos útiles, vinculantes, nosos. Espazos, moitos e variados espazos. Grandes e pequenos, individuais e colectivos. Espazos comúns e espazos con espazo, abertos, transparentes. Espazos. Sobre todo espazos.





RSS
O pasado 12 de marzo a mocidade portuguesa saiu ás rúas para protestar pola súa situación de precariedade, que inclúe o desemprego e o “quinhentoseurismo”, e para esixir a políticos, empregadores e a si mesmos actuacións conxuntas para mudar unha realidade insustentábel, como definía o breve pero exitoso manifesto da Geração à Rasca. A protesta xurdiu dunha convocatoria de tres mozos e unha moza no Facebook e disque xuntou a 500 mil persoas.
O planeta ultraliberal leva já três anos lutando contra sua crise, que para eles é só económica -marcada principalmente por uma recessão e o conseguinte desemprego-, apesar de todos sabermos que esta à qual se referem, que não deixa dormir os gurus das grandes corporações e os políticos que querem namorar com a União Européia e os Estados Unidos, é sobretudo uma crise de origem financeira. 
