Miércoles, 21 de julio de 2010
Veño de colaborar, cun capítulo sobre o decrecemento e as migracións, nun libro en español recén publicado por Los Libros de la Catarata e dirixido por Carlos Taibo, unha das referencias da opción do decrecemento no Estado español que, asemade, achega no limiar dez observacións imprescindíbeis sobre o que nos di o devandito proxecto. A obra achega unha ducia de artigos orixinais sobre a incidencia práctica que tería a escolla do decrecemento en diferentes aspectos das sociedades e do planeta. Leer más…
Manoel Santos Pedras para un castelo decrecemento, migracións, movementos sociais
Viernes, 18 de junio de 2010
Que o capitalismo, quer na súa forma máis “regulada”, quer no bárbaro formato das dúas ou tres últimas décadas –léase neoliberalismo– é o meirande inimigo do planeta, e xa que logo da vida no seu conxunto, é algo que non parece admitir discusión. De feito, o neoliberalismo non é máis que a evolución lóxica da ambición enfermiza do capitalismo. Leer más…
Manoel Santos Pedras para un castelo automóbil, decrecemento
Jueves, 17 de junio de 2010
Como se pode imaxinar que o PIB mundial, que era de 6.000 millóns de dólares en 1950, que pasou a 43.000 millóns en 2000, poida medrar en 2050 a 172.000 millóns sen trastornar máis aínda os equilibrios naturais, como se iso fora unha mecánica virtuosa? A pregunta –de Jean-Paul Besset– refírese ao “progreso” esperábel atendendo a unha das máximas do capitalismo actual: fai falla un medre anual do 2-3% para seguir a producir e consumir nun panorama de descenso do paro. Leer más…
Manoel Santos Pedras para un castelo decrecemento, ecofascismo, ecoloxía, neoliberalismo