Archivo

Entradas Etiquetadas ‘decrecemento’
Jueves, 19 de mayo de 2011

Por riba das nosas posibilidades?

Que a supervivencia do capitalismo, malia que sexa en estado comatoso, depende en boa medida da socialización das perdas e a privatización dos beneficios -acompañadas, claro, dun déficit democrático cada día máis abraiante- é un feito irrefutábel e sobradamente demostrado dende que se inventaron os cartos, mais especialmente nestes tempos de fascismo financeiro e mediocridade política. Porén, é evidente que esta salvaxe práctica de espremer o común sería imposíbel sen unha dose ben aplicada de adoutrinamento -e tamén escravismo- social. Leer más…

Manoel Santos Pedras para un castelo , , ,

Miércoles, 27 de abril de 2011

Viva a Casa das Atochas!

atochasTres anos de soños, dunha manchea de actividades culturais e reivindicativas, e máis aínda, de decenas de propostas e prácticas alternativas a un sistema que castiga a quen procura outros xeitos de entender, de se comprometer co común e, ao cabo, de vivir; remataban o día 12 co desaloxo e derruba da Casa das Atochas, un espazo urbano okupado no Monte Alto coruñés. Leer más…

Manoel Santos Pedras para un castelo , , , , ,

Lunes, 21 de marzo de 2011

Decrecemento para o cambio social

gz_contrainfoGaliza Contrainfo: Falamos sobre descrescimento com Manoel Santos, director da revista digital Altermundo. Palestra completa. Un par de vídeos: Leer más…

Manoel Santos Pedras para un castelo , ,

Martes, 22 de febrero de 2011

Un novo referente político: os tres piares

Se as organizacións da esquerda política non son quen de ver que a saída á crise civilizatoria que vivimos non pode pasar por insistir en recuperar situacións de benestar relativo preexistentes, porque o benestar non é só bonanza económica, é que non paga a pena revitalizalas.

Leer más…

Manoel Santos Pedras para un castelo , , , , ,

Lunes, 17 de enero de 2011

Non ao desenvolvemento sustentábel

desenvolvimento-sustentavel1Entre crecemento e decrecemento hai algo? Para moitos a solución  á incompatiblidade entre desenvolvemento económico –crecemento económico– e preservación dos recursos non renovábeis do planeta, dois ecosistemas e da biodiversidade leva o nome de desenvolvemento sustentábel. Algo así como un medrar con coidadiño bastante ilusorio. O decrecemento, como necesidade social e planetaria, oponse radicalmente ao termo tan empregado e, para moitos e moitas activistas, xa baldeiro de contido de “desenvolvemento sustentábel”, especialmente porque a clase política e empresarial ten identificado desenvolvemento con crecemento, de xeito que se dá unha flagrante contradición: o que se desenvolve non pode ser sustentábel, e o que é sustentábel non se desenvolve. Leer más…

Manoel Santos Pedras para un castelo , , , ,

Jueves, 13 de enero de 2011

Cara aos 7.000 millóns de seres humanos

imagesSegundo datos da ONU nalgún intre deste ano que estreamos a poboación mundial acadará os 7.000 millóns de persoas, o dobre que hai medio século. Para os neocons, que falan destas cousas en foros como o do escuro club Bilderberg, o mundo -refírense ao seu mundo- enfróntase a unha catástrofe, por canto a poboación medra a un ritmo moi superior á dispoñibilidade de recursos. Leer más…

Manoel Santos Pedras para un castelo , , ,

Domingo, 2 de enero de 2011

O declive da clase media. Ou da consumista?

ConsumismoSegundo os datos -do ano 2008- recolleitos polo Instituto Nacional de Estatística (INE) e a consultora ErnstYoung -sorprendente parella- a clase media española, que se mide só en nivel de renda -entre 20.000 e 60.000 euros anuais-, recuou case a niveis de 1960, situándose nun 42,9% fronte o 41% daquel ano. Algo semellante acontece coas clases baixa e pobre, que hogano engrosan o 50,4% -30,4% a baixa e 20% a pobre- da poboación, fronte o 56% de 1960. Leer más…

Manoel Santos Pedras para un castelo , , ,

Domingo, 19 de diciembre de 2010

Migracións e decrecemento

Foro Galego Inmigración

O 18 de decembro foi o Día Mundial das persoas –si, persoas– migrantes, que son as primeiras en sufrir os efectos desta crise sistémica en forma de racismo, xenofia, medo e desprezo. Leer más…

Manoel Santos Pedras para un castelo , ,

Lunes, 11 de octubre de 2010

UE, só pode haber dous sen tres

SARKOZY_MALOAs medidas restritivas, criminalizadoras e xenófobas emprendidas por diversos gobernos europeos -e defendidas por todos- contra as persoas migrantes constitúen, ao meu entender, a máis perigosa deriva totalitaria de todas cantas acontecen no planeta. Leer más…

Manoel Santos Pedras para un castelo , , , ,

Domingo, 3 de octubre de 2010

Unha folga decente. E agora que?

folga_cut_cgtQuen saíu á rúa na mañá do 29 para comprobar in situ o seguimento da folga xeral, sen se fiar das ridículas cifras e contracifras coas que os sindicatos e a patronal agasallan os telexornais, saberá que, sobre todo se esas calellas de asfalto eran as dunha urbe obreira, como Vigo, o paro foi case absoluto. E a asistencia ás manifestacións ben copiosa.

Leer más…

Manoel Santos Pedras para un castelo , , , , ,