Viernes, 1 de abril de 2011
Mentres no Norte se produce unha agresiva recesión ou total perda de moitísimas conquistas sociais adquiridas no último século; en moitos países do Sur, co indiscutíbel liderado dos latinoamericanos, avánzase coma nunca antes na historia na liberación social. Leer más…
Manoel Santos Pedras para un castelo América Latina, foro social mundial, foros sociais, movementos sociais, neoliberalismo, Unión Europea
Lunes, 17 de enero de 2011
Segundo o informe que cada ano elabora a Comisión de Investigación de Atentados a Periodistas, da Federación Latinoamericana de Periodistas (CIAP-FELAP), en 2010 morreron por causas violentas corenta xornalistas en seis países, oito máis que en 2009. O presidente da CIAP-FELAP, Hernán Uribe, deu conta do funesto reparto: Brasil, 2 mortes; Colombia, 7; Ecuador, 2; Guatemala, 2; Honduras, 10 e México, 17. Leer más…
Manoel Santos Pedras para un castelo América Latina, bolivia, colombia, economía, ecuador, medios de comunicación, méxico, multinacionais, venezuela, xornalismo
Jueves, 19 de agosto de 2010
Que hai unha serie de gobernos en América latina que están a constituír unha vangarda mundial na procura dun cambio radical no noso depredador modelo de sociedade é unha obviedade, malia que demasiadas veces a arañeira informativa do primeiro mundo, ese que vive rexido polo máis voraz dos sistemas económicos, teime en desacreditar a Hugo Chávez, Evo Morales, Fernando Lugo, Rafael Correa… vestíndoos de tolos ditadores ou ignorantes dirixentes. Leer más…
Manoel Santos Pedras para un castelo América Latina, ecoloxía, ecoloxía social, ecuador, enerxía
Lunes, 10 de mayo de 2010
Un dos actos centrais da presidencia de quenda española da UE debería ser o Cumio de Xefes de Estado e de Goberno da UE cos de América Latina e O Caribe, para celebrar en Madrid os vindeiros 17, 18 e 19 de maio.
A súa importancia é vital para a UE, por canto a Estratexia Europa 2020, que substituirá este ano á Estratexia de Lisboa, marca como grande obxectivo o crecemento económico, cuestión ben difícil de emprender se non se garante e potencia aínda máis a presenza europea nos gorentosos mercados latinoamericanos, enchidos de todos os recursos naturais dos que o vello continente carece. E máis aínda se temos en conta que a desexada expansión da UE cara ó Leste, a países que, como Ucraína, posúen extraordinarias reservas enerxéticas, non vai ser tan doada. Rusia aínda conta. Leer más…
Manoel Santos Pedras para un castelo América Latina, democracia, Honduras, Unión Europea