Archivo

Entradas Etiquetadas ‘acuicultura’
Viernes, 24 de junio de 2011

Antinatura 2011

Durante anos, demasiados, a conciencia ambiental, isto é, a capacidade para pensarmos o planeta coma un valor a protexer, foi algo alleo á maioría dos habitantes da biosfera. Até a segunda metade do século XX, co auxe da era industrial, non estoupou o movemento ecoloxista. Primeiro como ambientalista, centrado máis ca nada no conservacionismo e na contaminación, e hoxe xa cunha visión máis ampla, a da ecoloxía social. No entanto, o conservacionismo segue a ser imprescindíbel. Leer más…

Manoel Santos Pedras para un castelo , , ,

Jueves, 9 de junio de 2011

Ecoloxía mental

Nun Día Mundial do Medio Ambiente coma o de hoxe, mais hai xa 19 anos, a Xunta declaraba Parque Natural o complexo dunar de Corrubedo, hogano o espazo protexido máis visitado do país e un dos máis valorados polas galegas e galegos, que senten este anfiteatro areoso como seu. Leer más…

Manoel Santos Pedras para un castelo , ,

Martes, 5 de abril de 2011

Muros engaiolado

imagesA loita dos mariñeiros de Muros contra a instalación de gaiolas para o engorde de salmón nesa brava ría que abren as puntas de Corrubedo e o Monte Louro está plenamente xustificada, especialmente se atendemos aos efectos que este tipo de piscicultura ten sobre o ambiente e a pesca local noutras latitudes. Leer más…

Manoel Santos Pedras para un castelo , , ,

Martes, 14 de septiembre de 2010

O lugar máis ameazado de Europa

corrunonvende
Se por ameaza entendemos o constante -e histórico- bombardeo de medidas e contra-medidas, normas e contra-normas, e accións e inaccións políticas que anualmente cae sobre un dos máis valiosos espazos naturais da costa galega, abofé que Corrubedo estaría, e de feito está, entre os lugares máis ameazados de Europa. Leer más…

Manoel Santos Pedras para un castelo , , , , , ,

Martes, 4 de mayo de 2010

A burbulla acuícola galega

É a partir da década de 1980 cando se comeza a desenvolver no mundo a acuicultura intensiva, pois até entón era a extensiva, como a que se dá co noso marisqueo ou coas nosas bateas, o máis estendido, actividade de sempre realizada por pescadores, mariscadoras… Polo pobo.

A acuicultura intensiva é a produción industrial de animais, con concentracións moi elevadas de individuos en superficies pequenas –balsas, piscinas, xaulas–, emprego de alta tecnoloxía, alimentación artificial, tratamentos químicos e farmacéuticos, hormonas, e producindo altos redementos económicos, mais tamén custes ambientais e socioeconómicos (locais) moi elevados e por veces dramáticos. Non é moi diferente da cría intensiva dos animais de granxa.

O plan acuícola que se está a tentar desenvolver en Galiza dende 2005, con tres modificacións de tres sucesivos gobernos, só atende este tipo de acuicultura, e especialmente á cría de rodaballo, unha especie carnívora cuxo cultivo depende da pesca extractiva. Leer más…

Manoel Santos Pedras para un castelo , ,