Archivo

Entradas Etiquetadas ‘activismo’
Jueves, 9 de junio de 2011

Ecoloxía mental

Nun Día Mundial do Medio Ambiente coma o de hoxe, mais hai xa 19 anos, a Xunta declaraba Parque Natural o complexo dunar de Corrubedo, hogano o espazo protexido máis visitado do país e un dos máis valorados polas galegas e galegos, que senten este anfiteatro areoso como seu. Leer más…

Manoel Santos Pedras para un castelo , ,

Viernes, 27 de mayo de 2011

Lidia Senra, o xusto pedrón

LIDIAEste domingo, 29 de maio, entrégase o Pedrón de Ouro a Lidia Senra, muller, labrega, activista, xusta. Quero recuperar un miúdo texto que escribira hai uns meses, logo de que Tareixa Ledo escribira un fantástico libro: Lidia Senra Rodríguez. A historia dun liderado entrañable Leer más…

Manoel Santos Pedras para un castelo , , , , ,

Martes, 24 de mayo de 2011

15M, ou o camiño que nos queda

O resultado dos comicios municipais que se veñen de celebrar na –e a análise, con salvedades, podería servir tamén para case todo o Estado español, Euskal Herria á parte– confirma fundamentalmente dúas cousas. Leer más…

Manoel Santos Pedras para un castelo , , , , ,

Lunes, 23 de mayo de 2011

Vella loita, novos actores

Hai unhas semanas escribía aquí sobre as dúas eivas, ou ausencias, que eu detectaba nas propostas de movementos como o 12 de Março portugués, o Uncut británico ou o 15M no Estado español. Todos nacen contra a ineficacia política, os recortes e esa ditadura dos mercados que crea lexións de precarios e precarias con mínima capacidade decisoria. De aí o de “Democracia Real Xa!”. Porén, por agora afondan pouco en cuestións como a xustiza social co Sur e a xustiza ambiental, piares primordiais para a mudanza social do sistema-mundo. Leer más…

Manoel Santos Pedras para un castelo , , , ,

Jueves, 19 de mayo de 2011

Ramón, municipais e anti-sistema

Nesta semana que remata deixounos, coa mesma dignidade coa que viviu, Ramón Fernández Durán, fundador de Ecoloxistas en Acción e todo un faro-guía, compás quizais, para quen concordamos en que cómpre superar este sistema capitalista, xerador da maior crise socioambiental da historia da humanidade, ou da historia natural. Leer más…

Manoel Santos Pedras para un castelo , , ,

Jueves, 19 de mayo de 2011

Por riba das nosas posibilidades?

Que a supervivencia do capitalismo, malia que sexa en estado comatoso, depende en boa medida da socialización das perdas e a privatización dos beneficios -acompañadas, claro, dun déficit democrático cada día máis abraiante- é un feito irrefutábel e sobradamente demostrado dende que se inventaron os cartos, mais especialmente nestes tempos de fascismo financeiro e mediocridade política. Porén, é evidente que esta salvaxe práctica de espremer o común sería imposíbel sen unha dose ben aplicada de adoutrinamento -e tamén escravismo- social. Leer más…

Manoel Santos Pedras para un castelo , , ,

Martes, 5 de abril de 2011

Muros engaiolado

imagesA loita dos mariñeiros de Muros contra a instalación de gaiolas para o engorde de salmón nesa brava ría que abren as puntas de Corrubedo e o Monte Louro está plenamente xustificada, especialmente se atendemos aos efectos que este tipo de piscicultura ten sobre o ambiente e a pesca local noutras latitudes. Leer más…

Manoel Santos Pedras para un castelo , , ,

Domingo, 27 de marzo de 2011

En defensa do activismo

Os movementos altermundistas levan denunciando dende hai xa tres lustros os perigos do capitalismo especulativo e financiarizado -ou virtual- que, como se augurou dende os foros sociais mundiais, rematou mergullado nunha desfeita económico-financeira que afecta sobre todo aos máis pobres do planeta.

Leer más…

Manoel Santos Pedras para un castelo , , , ,

Lunes, 21 de marzo de 2011

Decrecemento para o cambio social

gz_contrainfoGaliza Contrainfo: Falamos sobre descrescimento com Manoel Santos, director da revista digital Altermundo. Palestra completa. Un par de vídeos: Leer más…

Manoel Santos Pedras para un castelo , ,

Sábado, 5 de marzo de 2011

Os medios de comunicación galegos

Cartel-mini3-300x234Como unha parte máis do debate que terá lugar o vindeiro 25 de marzo en Vigo, a Nave das Ideas estalle a preguntar a distintas persoas a súa opinión sobre a ausencia de medios de comunicación galegos comprometidos e potentes así como sobre o papel dos novos xeitos de comunicación e información como son as redes sociais e os blogues. Velaquí as opinións de Manoel Santos, director de Altermundo: Leer más…

Manoel Santos Pedras para un castelo , , ,