Pedras para un castelo

Antinatura 2011
Durante anos, demasiados, a conciencia ambiental, isto é, a  capacidade para pensarmos o planeta coma un valor a protexer, foi algo  alleo á maioría dos habitantes da biosfera. Até a segunda metade do  século XX, co auxe da era industrial, non estoupou o movemento  ecoloxista. Primeiro como ambientalista, centrado máis ca nada no  conservacionismo e na contaminación, e hoxe xa cunha visión máis ampla, a  da ecoloxía social. No entanto, o conservacionismo segue a ser  imprescindíbel.

Ao ecoloxismo débeselle o medrar desa conciencia  e, en consecuencia, moitas das reaccións dos gobernos. Entre estas, as  figuras de protección da natureza adquiriron un papel central,  especialmente a partir da creación, no 1948, da Unión Internacional de  Conservación da Natureza (UICN), que se encarga da clasificación dos  espazos naturais para a xestión das áreas protexidas, das listaxes  vermellas de especies ameazadas, etc. Destas categorizacións depende por  exemplo a pouco empregada Lei galega de conservación da natureza  (9/2001).

Porén, estas figuras de protección non abondan. Por  simplificar, resultan moitas veces nun arquipélago de “illas de  conservación” que, se ben preservan -e con limitacións- determinados  espazos, non están conectadas entre elas. Esta foi unha das razóns para  crear a Directiva Hábitats da UE, que apelou á constitución dunha rede  moito máis ampla -Natura 2000- de espazos a nivel europeo.

O Plan  director da Rede Natura que acaba de presentar a Xunta atenta contra  esta idea, se cadra unha das máis lúcidas que tivo a convulsa historia  da UE. Atenta contra anos de loitas pola conservación da natureza,  contra o noso patrimonio común e contra a nosa conciencia colectiva. Non  abonda con que os espazos da Rede Natura galega sumen unha superficie  ridícula -preto dun 12% fronte ó case 25% do Estado e da propia UE, ou o  20% de Portugal- e tampouco con que dende a administración se estea a  dar a idea, á mantenta, de que os únicos espazos que hai que coidar son  os da dita Rede. Asemade, así evitan facer os necesarios plans de  ordenación, uso e xestión para cada un dos Lugares de Interese  Comunitario (LIC) desta rede, que tamén faltan na maioría dos espazos  protexidos pola lei 9/2001.

Hai máis. A Xunta decidiu que, sexa  cal for o nivel de conservación establecido para cada anaco da rede -só o  26% terá o máximo-, a acuicultura en terra é un “interese público de  primeira orde” -como o fútbol para Mariano Rajoy-, e poderase instalar  en calquera lugar demandado pola patronal do peixe plano.

“A  Xunta interpreta ao seu antollo a directiva europea sobre espazos Rede  Natura para, baixo a aparencia de razóns de orde pública, favorecer  intereses empresarias”, denunciou Ana Miranda en Bruxelas. Diante dun  Goberno que teima en esnaquizar o país, se cadra só nos queda iso,  Bruxelas, e por suposto espertar novamente esa conciencia ambiental que  fixo que, nos últimos anos, dúas das maiores rebelións populares -Nunca  Máis e Galiza Non se Vende- resultaran da indignación ante os desastres  ambientais. Próxima parada, Touriñán.

Espazos, a tripla fractura
A sociedade está rachada de vez. A fractura, fonda fenda, entre cidadanía e política institucional non é a única que paira sobre este caos sistémico, porque ao cabo é iso o que nos acompaña nos últimos meses, semanas, anos. Hai tamén unha fractura social, no social, do social. Unha fractura na orixe. Unha desestruturación salvaxe na que a maioría das persoas, as de abaixo, non son quen de se atopar, de se encontrar, de tecer redes poderosas, de loitar en común, polo común. De esixir, mandar, gobernar. Os seus instintos comunitarios foron roubados, esnaquizados, asasinados. Ou deixáronse roubar.

E hai tamén unha fractura na política, nos partidos, nas institucións. Unha fractura na orixe, outra no camiño e outra no destino. As datas de consumo preferente caducaron de vez. Xa non serven. Viven noutro mundo, autistas e alporizados, con medo, medo á democracia, á xente, ás propostas e ás disidencias, á diversidade e á imaxinación. Medo ao outro. Viven obsesionados coa militancia, cunhas vulgares caixas de cristal enchidas de sobres brancos, e negras esperanzas, fóra das rúas, fóra das xentes, afastados das bases sociais que un día, xa non lembro cando, lle cederon unha representación por eles prostituída, enlixada, desprezada, ultraxada.

En estando todo rachado, desestruturado, inconexo e desencontrado, só podemos pensar en recompoñer, ou se cadra compoñer de novo, ou simplemente poñer. Sen prefixos. Sen máis.

Espazos. Cómpren novos espazos. De participación, de encontro, de intercambio de experiencias, de vivires, de anhelos e de esperanzas. Espazos para falar, para dicir, para escoitar, para decidir, para construír. Espazos útiles, vinculantes, nosos. Espazos, moitos e variados espazos. Grandes e pequenos, individuais e colectivos. Espazos comúns e espazos con espazo, abertos, transparentes. Espazos. Sobre todo espazos.

O tigre carnívoro e o tigre vexetariano
“Em uma década, o Fórum Social Mundial evoluíu bastante. Começou  centrado na ideia do neoliberalismo, o que para muitos nem era uma  crítica ao capitalismo, era uma crítica ao capitalismo selvagem. Ora, um  capitalismo de rosto humano é a mesma coisa que um tigre vegetariano”. A  frase, da que xa dei conta algu- nha vez, parte dunha das xeniais  reflexións de Boaventura de Sousa Santos, nun seminario sobre a busca de  paradigmas de civilización alternativos acontecido en Dakar en  febreiro.

A idea do tigre vexetariano, que sería unha sorte de capitalismo verde ou Green New Deal,  planou dende o estoupido da crise en 2007-2008, cando Nacións Unidas o  anunciou coma unha estratexia necesaria para rescatar as economías  mundiais, respondendo á vez ao reto da mudanza climática, daquela posta  de relevo polo cuarto informe do Panel Intergobernamental do Cambio  Climático (IPCC). Trataríase, ao cabo, de recuperar o espírito que  Roosevelt aplicou nos anos 30 para superar a Gran Depresión, mais desta  vez atendendo a esa nova variábel, coa aposta por unha economía de baixo  carbono, con enerxías renovábeis, traballos verdes, eficiencia e aforro  enerxético, etc. Mais como a ocorrencia do Boaventura non deixa de ser  un certo oxímoro, un absurdo, a idea agonizou nun vira-vira. A unción  déronlla probabelmente no Cumio de Copenhaguen de 2009, cando se  certificou que a voracidade da economía financeira e a curta ollada dos  mandatarios mundiais, así como as novas pretensións -tan lexítimas como  irresponsábeis- dos países emerxentes e do G-20, facían imposíbel  alcanzar un Kioto II. Un ano despois, na COP-16 de Cancún producíase o  soterramento e a COP-17, a celebrar en Durban a finais deste ano, será  con toda seguridade o escenario das exequias.

Deste xeito, logo  do estoupido da crise, a irracional solución pasa por seguir a engordar o  tigre carnívoro, só con certas maquillaxes na dieta. No entanto, esta  segue a ter como proteína primaria unha mestura de combustíbeis fósiles  que, como ninguén nega xa -todo indica que xa estamos a atravesar o pico  do petróleo-, mais todo o mundo agocha, están moi próximos á súa  extinción. Cando menos a baixo prezo. Primeiro será o petróleo, despois o  gas, despois o carbón… mais tamén moitos recursos minerais e  biolóxicos dos que depende a civilización industrial. Resulta difícil  imaxinar aínda o mundo que se nos vén enriba, sen recursos e cu-nha  crise ecolóxica que esnaquizará fronteiras, estados, pensares e  comportamentos. O panorama que se nos pode presentar nas dúas próximas  décadas foi excelentemente descrito, e poida que deixado como gran  legado, por Ramón Fernández Durán en La quiebra del capitalismo global: 2000-2030,  presentado por dous seus amigos na #acampadavigo o mércores pasado.  Unha achega impagábel, por canto alén de focalizar inimigos e propor  medidas correctoras da desdemocracia na que vivimos, cómpre que os  movementos sociais teñan moi en conta que todo, absolutamente todo, está  e estará condicionado pola dieta do felino.

Ecoloxía mental
Nun Día Mundial do Medio Ambiente coma o de hoxe, mais hai xa 19  anos, a Xunta declaraba Parque Natural o complexo dunar de Corrubedo,  hogano o espazo protexido máis visitado do país e un dos máis valorados  polas galegas e galegos, que senten este anfiteatro areoso como seu.

Este sentimento colectivo explica, por exemplo, que en novembro do 2007  máis de 7.000 activistas se desprazasen a Corrubedo, que parece ficar no  cabo do mundo, para se mobilizaren contra o Plano Acuícola, que  proxectaba alí unha barbaridade duns 300.000 metros cadrados de  formigón. Chamáronlle o “espírito de Corrubedo”, e se cadra é ese  espírito no que se quere recuncar hoxe cos actos reivindicativos que hai  convocados en Muros en defensa das nosas rías.

Malia o que poida  parecer, o milleiro escaso de hectáreas do vizoso conxunto de humedais  que conforman o Parque Natural de Corrubedo non foi protexido legalmente  por mor dunha repentina doenza de sensibilidade política. Nin moito  menos. Foi produto dunha década enteira de loitas populares e  ecoloxistas, especialmente contra a extracción de áridos destinados á  sacrosanta construción, ao pé mesmo da meirande duna móbil do noroeste  peninsular. Lembro con agarimo un xigantesco SOS que debuxáramos os  cativos e cativas de Corrubedo cos nosos miúdos corpos, sentados na  pendente dunar a finais dos “80, por iniciativa da asociación de veciños  da vila dos montes da area. A xa defunta Asociación de Veciños “As  Dunas”. Non foi, xa que logo, unha loita de intereses, senón unha  contaxiosa práctica común de ecoloxía mental. Unha toma de conciencia  colectiva da necesidade perentoria de protexermos a nosa contorna. E a  nós mesmos.

E coido que é de conciencias do que temos que falar, e  ao que temos que apelar, para darlle urxente centralidade á crise  ecolóxica global que padecemos. Ela reflicte o “esgotamento dun sistema  que ten como motor o ter e o acumular”, como di Cândido Grzybowski. Unha  crise que, de entre todas as que nos afectan -alimentar, económica,  enerxética, de democracia, de desigualdade, etc.-, é a única  irreversíbel e a que máis ameaza á humanidade. Porque como ben advirte  Susan George, non é o planeta o que temos que salvar, xaora que este,  dun xeito ou doutro seguirá, se cadra con outras especies e outros  biotopos no cumio da pirámide ecolóxica. É a propia existencia da  humanidade a que está en xogo.

A toma de conciencia colectiva é a  que xera as loitas populares. E a experiencia di que só con estas  expresións comunitarias de rebeldía e democracia rueira poden cambiar as  cousas. A mudanza climática, a deforestación salvaxe, a contaminación  masiva, a insoportábel destrución ambiental e a sangrante perda de  biodiversidade, entre outras eivas, non deberían ser temas menores. Son  os grandes temas, os tétricos efectos dunha estrutura socioeconómica  global ambientalmente reaccionaria, dunha civilización caduca que, por  riba, só produce desigualdades, pobreza e morte. Hoxe é un bo día, un  gran día, para comezar a practicar a ecoloxía mental.

Xénova Boys
Se lle facemos caso a Naomi Klein concluiriamos que, neste incerto  período sociopolítico que estamos a vivir, no que a crise é o eixe  reitor de discursos, accións e inaccións, asistimos á aplicación no eido  global da doutrina do shock. Esta trata de crear un estado de  confusión-conmoción nos do común, que inactiva calquera conato de  rebelión grupal, para así instaurar moreas de contrarreformas  impopulares e darlle aire a un sistema con evidente fibrose.

O  shock, aplicado coa indución da desorientación colectiva, perda de  marcos de referencia e esquecemento patolóxico da historia, é patente na  UE e por suposto no Estado español, mais ten na Galiza unha  singularidade. Aquí conxuga a tatcheriana instauración como alternativa  única dun réxime para-absolutista, da man dunha coalición non formal de  poderes económicos, mediáticos, políticos e mesmo relixiosos -isto é, da  dereita que Manuel Barreiro chama “novísima”-; coa negación e  destrución, salvaxe e programada, de Galiza como nación e, máis grave  aínda, do que fai deste cornecho o espazo vital du-nha cidadanía.

Falo  de Manolo Barreiro porque coido que é dos que mellor está a debullar no  noso país o insoportábel intre histórico no que deambulamos dende que o  PP recuncou en San Caetano. E cómpre saber ler e explicar  comprensibelmente o que acontece para emprender a urxente reconquista da  ansia colectiva por acadar unha mudanza política e social  -irreversíbel- para este país.

Este náufrago do 1 de marzo, como el se define, presentou o mércores en Compostela A novísima dereita e nós. O bienio gris toupa (2.0 Editora), unha recompilación dun cento de artigos que,  parafraseando ao Beiras, poderiamos cualificar como unha crónica da  peste que vén, e que espiolla o bienio gobernativo que acaba de liquidar  Núñez Feijoó. Gris toupa, escribe Barreiro, porque se cadra o mouro  está por chegar. Ou “outra Galiza peor é probábel”, que diría Carlos  Taibo.

A análise do Klein galego, dalgún xeito evoca un  paralelismo entre o que acontece na Galiza actual e o Chile dos 70, a  saber, o daqueles Chicago Boys de Milton Friedman, que  ensaiaron aló por vez primeira o fundamentalismo do mercado en base ao  consenso non consensuado de Wáshington.

Non é nada desbotábel a  hipótese de que hogano Galiza sexa un laboratorio para aplicar, dende o  think tank de Xénova, unha estratexia de deconstrución social e  perpetuación no poder, na que imperan o axustamento estrutural a todos  os niveis, o ataque ás institucións de autogoberno, a deslexitimación do  sentir nacional e a parálise política á mantenta como piares. O que non  teño claro é o papel de Feijoó. Se cadra é o de Arnold Charmpergker,  responsábel do proxecto Friedman na Universidade Católica de Santiago  -de Chile!-, e que se vía a si mesmo coma un misioneiro. Ou poida que  sexa o do propio Milton, que intúo é o que apoiaría Barreiro. Ao cabo, é  grazas á súa inesperada vitoria aquel 1 de marzo que un deprimido Rajoy  recuperou a confianza do seu partido e desfila entre loureiros cara á  Moncloa.

Lidia Senra, o xusto pedrón
Este domingo, 29 de maio, entrégase o Pedrón de Ouro a Lidia Senra, muller, labrega, activista, xusta. Quero recuperar un miúdo texto que escribira hai uns meses, logo de que Tareixa Ledo escribira un fantástico libro: Lidia Senra Rodríguez. A historia dun liderado entrañable

Dificilmente atoparemos na historia da Galiza,  da Unión Europea ou mesmo mundial unha líder sindical que, logo de máis  de dúas décadas envorcadas nun durísimo reaxir contra o exterminio  labrego, merecera o apelativo de entrañábel. Iso é o que acontece con  Lidia Senra, cuxo nome é indisociábel dunha organización, o Sindicato  Labrego Galego (SLG), que como di a súa actual secretaria xeral, Carme  Freire, “é unha aposta común por construír colectivamente un futuro para  este pobo e para os labregos e labregas”.

Editado por Laiovento, foi publicado hai uns meses o libro Lidia Senra Rodríguez. A historia dun liderado entrañable,  presentado o 18 de decembro de 2010  nunha ateigada Sala Mozart do Auditorio de  Galiza. Segundo a súa autora, Tareixa Ledo, “xorde da admiración a unha  muller nacida no anonimato dunha casa labrega de Terra de Lemos, e que  hoxe, aos seus 52 anos, é unha feminista galega recoñecida, unha líder  indiscutible do sindicalismo labrego galego e unha referencia obrigada  dentro do movemento agrario europeo e internacional”. E tamén dos  movementos sociais en xeral, especialmente grazas ao seu militar na Vía Campesina e o seu compromiso coa xustiza social, a cultura e a identidade de Galiza, a vida.

Integrado acaidamente na colección ‘Fóra de Serie’, porque  efectivamente Lidia, como Carme, Charo, Tareixa e todas as mulleres do  SLG, é unha fóra de serie; o libro non é só un repaso pola vida e o  liderado innovador da súa protagonista, ou pola súa abraiante capacidade  para consolidar a organización que encabezou 18 anos. Ao cabo, ela só  personifica unha tan doce como heróica historia, a do compromiso doutras  moitas mulleres, labregas e galegas, que nun mundo de homes entenden o  poder como unha construción colectiva.

Emporiso o SLG é pura coherencia. E tamén porque falamos dun dos  poucos casos nos que unha organización sindical é quen de conxugar a  loita polas urxencias, para sobrevivir nun sistema que non lles gusta;  cun ollar máis aló, cara o que encarna a soberanía alimentar, o  anticapitalismo e o altermundismo. Sindicato por definición, mais organización social por devoción.

E por que Lidia? Xoán Carlos Carreira explícao ben: “Creo que ningunha persoa vencellada ao nacionalismo político e sindical galego ten un posto de tanta relevancia a nivel  mundial, mais a penas se lle dá importancia, non só polo conxunto da  sociedade galega senón, o que é peor, pola base social dese nacionalismo”.

Máis información: http://www.altermundo.org/lidia-senra-autorizada-para-loitar/

15M, ou o camiño que nos queda
O resultado dos comicios municipais que se veñen de celebrar na Galiza –e a análise, con salvedades, podería servir tamén para case todo o  Estado español, Euskal Herria á parte– confirma fundamentalmente dúas  cousas.

Primeira, que a historia –local ou  universal– rara vez se reinventa, senón que se reproduce ciclicamente e,  emporiso, cómpre tela ben presente para deseñar calquera estratexia  antisistémica. A dereita, coma nos anos trinta, móvese coma peixe no mar  nesta situación de crise sistémica provocada polas súas propias  políticas económicas –e sociais–, e a deriva totalitaria, o ecofascismo e  o xa famoso darwinismo social militarizado están máis preto de nós do  que poderiamos pensar.

Segunda. Que a esquerda transformadora non é nada, ou só será un pouso cada día máis residual  de votos e postos institucionalizados, se non nace e se comporta como  expresión dun activismo social decidido e continuado. Se non nace, por empregar o tópico, dende  abaixo. Mentres a “esquerda política” non entenda, ou volva entender,  que é na rúa onde se constrúen -continuamente- e se fan hexemónicas as  ansias de mudanza social radical; e mentres a “esquerda social” non  entenda, ou volva entender, que cómpre unha tradución política para  loitar con eficacia tamén en campo inimigo; as posibilidades de éxito a  penas pasarán da conquista dunha sorte de pequenas aldeas galas ou  acampamentos de simpática resistencia que, sendo meritorios, non fan  máis que maquillar o fracaso.

Non se me ocorre outra alternativa que  apostarmos en primeira instancia por esa recuperación da rúa que, dito  sexa de paso, non está a avanzar no noso país tanto como parece, por  mor, fundamentalmente, da distorsión –ou ilusión– provocada por esas  redes sociais de internet que, por unha banda, constitúen excelentes  mecanismos de comunicación e organización, mais pola outra son refuxio  dun activismo virtual totalmente contraproducente. Dáme a impresión que é  isto último o que está a acontecer na Galiza cos “corpos activistas  tradicionais”, incapaces de reaccionar non agora, senón dende hai anos, e  ao meu xuízo perigosamente ameazados con rematar arrasados por esa nova  onda de mobilización social que parece agromar co movemento 15M. E se  ese 15M, como apunta Antoni Domènech, é a alternativa que nos queda?

Dúas son, ao meu xuízo, as principais  reticencias do activismo galego organizado para non se sumar en masa  –por agora– a esta nova onda de indignación e ansias de mudanza social  que acampa xa non só en moitísimas prazas do Estado español, senón  noutras de Europa e mesmo de América Latina.

Se a primeira fai referencia a unha  certa perplexidade, ou sorpresa, por ver medrar tan axiña en número os  acampamentos e persoas que reclaman parte –mesmo unha parte moi pequena–  das cuestións básicas que os “vellos” activistas veñen defendendo dende  hai unha chea de anos; a segunda ten que ver sen dúbida co carácter  escasamente galego e galeguizado, mesmo demasiado “españolizado”,  especialmente en cidades como A Coruña e Vigo, das mobilizacións, que  teñen na súa meirande parte como referencia constante o espello da Porta  do Sol de Madrid.

Estamos diante dun movemento aínda moi  incipiente, que asemade protagonizan novos actores e que por riba  emprega novas canles de comunicación e organización, que a moitos se  lle/nos escapan. É por isto que é lóxico que, por unha banda, non teña  demasiado definidas aínda as súas reclamacións e propostas –e que  incluso se estean a mesturar allos con bugallos en moitísimas ocasións–;  e que, pola outra, se desenvolva totalmente fóra dos circuítos do  activismo “tradicional”.

O 15M está máis ca nada formado por  persoas que exercen o activismo por vez primeira –malia que en  acampamentos tan organizados como o de Madrid parece detectarse un apoio  “na sombra” de colectivos xa expertos ben identificábeis–, sen contacto  anterior con forma algunha de crítica social radical, e emporiso é  entendíbel que vaian construíndo os seus argumentarios case dende cero,  alleos a que a meirande parte deles levan expostos en papeis, ensaios e  manifestos dende hai lustros.

Sigo a pensar que o movemento do que  estamos a falar pouco o nada vai ensinar, dende o punto de vista  ideolóxico e de construción propositiva, a quen leva anos a loitar  contra o sistema, a quen levan anos indignados ou indignadas. As  críticas case sempre van rematar nas mesmas conclusións antisistémicas.  Porén, si pode aprendernos moito, moitísimo, sobre novos xeitos de  proceder, de organizármonos e de chegar á xente para sumar masas  críticas á loita, que debería ser o obxectivo primario do activismo.  Fuxir desta escola renovada de política social que parece estar a  agromar, como se xa tivésemos todo aprendido, só delata un  ensimismamento tan inútil como fachendoso e desprezativo.

Polo que respecta ao carácter “español”  da mobilización, este non parece estar en absoluto en contraposición coa  realidade social das nosas cidades máis populosas, onde o sentimento  “galeguista”, e xa que logo o emprego do idioma propio, é residual. Por  dicilo doadamente, éche o que hai. Parece obvio que a maior parte do  activismo galego até agora era hexemonicamente iso, galego. Isto fai que  sexa dificilmente asimilábel o que está a acontecer, o que escoitamos  moitas veces da boca dos mozos e mozas que acampan aquí e acolá, e que  mesmo xere un rexeitamento radical. Porén, querería eu saber que  porcentaxe deste activismo naceu xa “galeguizado” e que porcentaxe foi  “galeguizándose” co tempo, tanto no eido idiomático coma no eido  analítico.

Non dubido que a análise mental das  eivas e alternativas que cadaquén vai xerando cando constrúe o seu  espírito crítico por forza remata levando as ideas globais ao campo  local, e na Galiza local tamén é nacional. Emporiso afastarse por puro  sectarismo –dubido que acontecese o mesmo se o 15M comezara en Turín ou  en Dublín– desta onda de mobilización, á que nos deberiamos amarrar como  a lapa á pedra, pode ser un erro histórico para o activismo galego.  Subirse a ela para por unha banda aprender e pola outra achegar outras  visións –e porque non, a experiencia– parece o máis intelixente e  responsábel. Entendo que #galicianrevolution quere ir por ese camiño.

Asemade, e para sermos realistas, o  campo de batalla do movemento 15M, establecido por agora no nivel  estatal, terá obviamente que mudar se quere acadar algúns dos obxectivos  que se propón, por canto a meirande parte destes non se xogan xa no  campo estatal, senón por unha banda no campo estritamente local  –responsabilidades políticas co que máis nos afecta– e pola outra no  campo supraestatal –Unión Europea, Institucións Financeiras  Internacionais, etc. Os estados-nación esmorecen dende hai tempo.

Pouco hai que perder.

Vella loita, novos actores
Hai unhas semanas escribía aquí sobre as dúas eivas, ou ausencias,  que eu detectaba nas propostas de movementos como o 12 de Março  portugués, o Uncut británico ou o 15M no Estado español. Todos nacen  contra a ineficacia política, os recortes e esa ditadura dos mercados  que crea lexións de precarios e precarias con mínima capacidade  decisoria. De aí o de “Democracia Real Xa!”. Porén, por agora afondan  pouco en cuestións como a xustiza social co Sur e a xustiza ambiental,  piares primordiais para a mudanza social do sistema-mundo.

No  entanto, isto non significa que debamos desprezar este novo agromar de  indignación que, cando menos, propón unha sociedade mellor cá que temos  e, sobre todo, supón un movemento significativo de quen até agora foi  acusado de inactividade e pasotismo. Tan só por isto último, debémolo  celebrar.

Asemade, non dubido que se o 15M logra a suficiente  permanencia no tempo irá definindo con máis eficacia as súas propostas.  Así evoluciona calquera proceso revolucionario, e este pode selo. Porén,  o máis difícil é ese movemento inicial, esa perda do medo e esa  fundamental (re)politización da sociedade civil, que intúo é o que están  a facer os milleiros de mozos e mozas que acampan nas prazas públicas.  Deixemos que sigan o seu camiño e cando menos deámoslles o noso apoio.

As  cousas van tan rápido que reac- cións do activismo organizado ao  agromar do Movemento 15M oscilan entre o entusiasmo esaxerado e o  descreto absoluto. Entre os primeiros, hai quen xa ve nas protestas unha  reprodución europea das rebelións de Tunisia ou Exipto, e que mesmo  establece paralelismos entre a Porta do Sol e a praza Tahrir do Cairo. E  algo diso haberá. O mundo non é un organismo de células inconexas.

Entre  os segundos, hai desconfianza, xuízos moitas veces apresurados -pouco  se pode xulgar por agora- e sobre todo un ridículo e irresponsábel  afastamento dun movemento aínda incipiente, no que non albiscan  propostas novidosas e ven outras interesadas. É entendíbel, mais se  cadra estamos a pedir de máis. Se o activismo organizado non foi quen  até agora de estender entre a mocidade o que pregoaba, bo será que os  futuros activistas que están a saír do ovo estes días tiren as súas  propias conclusións. Non dubido de que serán as mesmas, porén,  renovadas, e que unha combinación entre vellos e novos activistas pode  dar novos folgos a unha loita que vén de vello.

Ao meu xuízo non  estamos a ver un movemento novo, senón un movemento de novos. As súas  reclamacións non distan moito, na base, daquelas coas que o  altermundismo naceu hai unha década e que co tempo evolucionaron cara ó  anticapitalismo. O diferente é o espazo. Se o altermundismo agroma co  Sur como campo de loita, porque era o Sur o que sufría -e aínda sofre-  as consecuencias do fundamentalismo do mercado; agora é o Norte o que  experimenta os axustamentos estruturais, a corrupción masiva e o  desprezo do poder. É a mesma  loita, mais desta vez na casa propia e con  novos actores. E con máis posibilidades de vitoria.

Ramón, municipais e anti-sistema
Nesta semana que remata deixounos, coa mesma dignidade coa que viviu,  Ramón Fernández Durán, fundador de Ecoloxistas en Acción e todo un  faro-guía, compás quizais, para quen concordamos en que cómpre superar  este sistema capitalista, xerador da maior crise socioambiental da  historia da humanidade, ou da historia natural.

Ramón, a través  dos seus fabulosos textos, e a través do seu activismo, aprendeunos a  debullar as engrenaxes dun modelo de sociedade extremadamente cruel, na  que o culto ao financeiro, ao consumo, ao petróleo, ao urbanismo  depredador e ao control social, a represión selectiva e a violencia está  a construír un mundo invivíbel. Nestes tempos nos que a Unión Europea  teima en se converter nun macroguetto de elites opulentas e  insolidarias, nada mellor que repasar algúns dos seus libros, como A  complexa construción da Europa superpotencia (Virus, 2005), para  comprender o que está a acontecer e porque está a acontecer, e xa que  logo para escollermos os camiños máis acaídos nesta loita tan xusta como  desigual na que moitos e moitas estamos, dun xeito ou  doutro,  mergullados.

“Aínda sen descartar que Ramón permitise que a nosa  vida fose máis fermosa, parece fóra de dúbida que a fixo máis  consciente, máis díscola e máis solidaria”, dicía Carlos Taibo nunha das  presentacións dos dous últimos libros que nos deixou, A quebra do  capitalismo global e O Antropoceno.

Sen dúbida. Asemade, Ramón  sempre defendeu ese termo de connotacións tan negativas para a orde  dominante, “anti-sistema”, para definir as xentes e movementos sociais  que andan a pular por unha mudanza radical do noso xeito de vivir, do  noso modelo de (a)sociedade.

A para min inevitábel lembranza  anterior, sérveme tamén para facer unha reflexión sobre as implicacións  que deberiamos ter os “anti-sistema” -eu inclúome- nas eleccións  municipais.

Obvio parece que, entre os diversísimos pensamentos e  xeitos de actuar destes, existe a convición máis ou menos consensuada de  que os camiños da mudanza pasan polos proxectos autoxestionados, pola  organización dende abaixo, pola cooperación autónoma en barrios, aldeas,  vilas e cidades, polo ocio creativo e o consumo consciente… e máis  pola presión e concienciación social que pola acción política  institucional, pois a acción política, os “anti-sistema”, exercémola  decote.

Porén, sen renunciar nin un chisco a estes preceptos, acho  que, na situación sistémica que por agora temos, cómpre unha certa dose  de pragmatismo para tentar ir dando pasos meirandes. Se algo falta para  a necesaria viraxe civilizatoria da que falamos é o tempo. Deixar as  nosas vilas e cidades en mans da dereita por inacción electoral só  significa dar pasos cara a atrás. Achegármonos ás organizacións  políticas que poden ser máis sensíbeis ás nosas loitas, falar con elas e  exporlles os nosos ollares podería ser un outro camiño. O que non quita  que, despois, as critiquemos e presionemos con todas as ansias que  consideremos oportunas.

Por riba das nosas posibilidades?
Que a supervivencia do capitalismo, malia que sexa en estado  comatoso, depende en boa medida da socialización das perdas e a  privatización dos beneficios -acompañadas, claro, dun déficit  democrático cada día máis abraiante- é un feito irrefutábel e  sobradamente demostrado dende que se inventaron os cartos, mais  especialmente nestes tempos de fascismo financeiro e mediocridade  política. Porén, é evidente que esta salvaxe práctica de espremer o  común sería imposíbel sen unha dose ben aplicada de adoutrinamento -e  tamén escravismo- social.

Para responder a esta tétrica lóxica  argallouse, e non precisamente por xeración espontánea, o triunvirato  que hogano dirixe os destinos da humanidade e do planeta cara o abismo.  Por unha banda están os lobbies, ou grupos de presión das  grandes corporacións que dominan todos e cada un dos gobernos  neoliberais cos máis imaxinativos e variados tipos de subornos; pola  outra o que agora chaman think tanks, que debullan os programas de acción e os argumentarios xustificativos da barbarie; e para rematar os medios  de comunicación, imprescindíbeis correas de transmisión que fan o papel  de hemoglobina do poder no torrente sanguíneo do sistema-mundo. As tres  partes desta indecente troika mestúranse entre si as máis das  veces para adoutrinar e dominar sen, aparentemente, ser vistas como  obxectivos. Así é como funciona este organismo, de comportamento  parasito e depredador. Até que o malparado hóspede, se antes non é  consumido de vez, decida pór fin á unha relación trófica tan inxusta  como insoportábel. E que é un parasito sen hóspede? Historia.

Descoñezo que think tank ideou iso de “vivimos por riba das nosas posibilidades”, que ao cabo  non é máis que outra socialización máis, a das culpas, para repartir, e  non precisamente con proporcionalidade, a desfeita sistémica -benvida  sexa- e de paso xustificar o antedito parasitismo do capital. Mais quen o  ideou, fíxoo a conciencia.

Obviamente, cada persoa deste mundo, e  sobre todo cada súbdito do mundo do Norte, ten a súa parte de  responsabilidade neste panorama multicrise que escurece a nosa esfera  azul. Agora máis ca nunca chegou o tempo de que cadaquén se pregunte  como afecta ao resto da humanidade o seu xeito de vida, as súas accións  diarias e mesmo, ou se cadra sobre todo, as súas inaccións e os seus  moitas veces deliberados silencios.

No entanto, non todos  estamos no mesmo andar deste mundo piramidal, non todos compartimos a  mesma capacidade analítica, non todos podemos dar o compromiso necesario  e non todos adquirimos -ou podemos adquirir- o “poder suficiente”. Si  entre todos, certo é, pero non cada un.

Ao cabo, non coñezo  mentira máis grande, porque realmente estamos a vivir moi por baixo das  nosas posibilidades. Das nosas posibilidades creativas, das nosas  posibilidades cooperativas, das nosas posibilidades espirituais e, sobre  todo, das nosas posibilidades democráticas como persoas e como pobos.  Desenvolvamos estas… e lograremos un mundo sen parasitoses sociais.