Archivo

Archivo del autor
Domingo, 1 de mayo de 2011

À Rasca, 12 de Março e Democracia Real xa!

mural_lisboa_02O pasado 12 de marzo a mocidade portuguesa saiu ás rúas para protestar pola súa situación de precariedade, que inclúe o desemprego e o “quinhentoseurismo”, e para esixir a políticos, empregadores e a si mesmos actuacións conxuntas para mudar unha realidade insustentábel, como definía o breve pero exitoso manifesto da Geração à Rasca. A protesta xurdiu dunha convocatoria de tres mozos e unha moza no Facebook e disque xuntou a 500 mil persoas. Leer más…

Manoel Santos Pedras para un castelo , , , ,

Miércoles, 27 de abril de 2011

Recuperar e reconceptualizar “o público”

Todo parece indicar que se está a achegar, como di Carlos Taibo, unha nova idade de ouro dos movementos de contestación, que aos poucos van abotoando como os cogomelos no outono, ao ritmo dos axustamentos estruturais -ou sociais- tendentes a salvar o capitalismo custe o que custar. Unha das loitas máis cruentas darase, sen dúbida, na esfera dos servizos públicos, ou de todo o público. Leer más…

Manoel Santos Pedras para un castelo , ,

Miércoles, 27 de abril de 2011

Viva a Casa das Atochas!

atochasTres anos de soños, dunha manchea de actividades culturais e reivindicativas, e máis aínda, de decenas de propostas e prácticas alternativas a un sistema que castiga a quen procura outros xeitos de entender, de se comprometer co común e, ao cabo, de vivir; remataban o día 12 co desaloxo e derruba da Casa das Atochas, un espazo urbano okupado no Monte Alto coruñés. Leer más…

Manoel Santos Pedras para un castelo , , , , ,

Lunes, 11 de abril de 2011

Verdes e labregos: sobre o prezo da auga

dia_mundial_augaNas últimas semanas, co agromar da Plataforma Galega contra a Lei de Augas, xurdiu un desencontro -que non enfrontamento- entre os ecoloxistas e a antedita Plataforma, que ten como integrante ao . Leer más…

Manoel Santos Pedras para un castelo , , ,

Martes, 5 de abril de 2011

Muros engaiolado

imagesA loita dos mariñeiros de Muros contra a instalación de gaiolas para o engorde de salmón nesa brava ría que abren as puntas de Corrubedo e o Monte Louro está plenamente xustificada, especialmente se atendemos aos efectos que este tipo de piscicultura ten sobre o ambiente e a pesca local noutras latitudes. Leer más…

Manoel Santos Pedras para un castelo , , ,

Viernes, 1 de abril de 2011

FSM: o Sur no Norte, o Norte no Sur

dakar_paseandoMentres no Norte se produce unha agresiva recesión ou total perda de moitísimas conquistas sociais adquiridas no último século; en moitos países do Sur, co indiscutíbel liderado dos latinoamericanos, avánzase coma nunca antes na historia na liberación social. Leer más…

Manoel Santos Pedras para un castelo , , , , ,

Domingo, 27 de marzo de 2011

En defensa do activismo

Os movementos altermundistas levan denunciando dende hai xa tres lustros os perigos do capitalismo especulativo e financiarizado -ou virtual- que, como se augurou dende os foros sociais mundiais, rematou mergullado nunha desfeita económico-financeira que afecta sobre todo aos máis pobres do planeta.

Leer más…

Manoel Santos Pedras para un castelo , , , ,

Lunes, 21 de marzo de 2011

Decrecemento para o cambio social

gz_contrainfoGaliza Contrainfo: Falamos sobre descrescimento com Manoel Santos, director da revista digital Altermundo. Palestra completa. Un par de vídeos: Leer más…

Manoel Santos Pedras para un castelo , ,

Lunes, 21 de marzo de 2011

Velaí está, unha entre un millón

Ou entre dez mil millóns. O caso é que aconteceu esa unha, esa disque ínfima posibilidade de que unha das “segurísimas” centrais nucleares fique fóra de control e provoque primeiro un éxodo masivo de seres humanos e despois, se mal cadra, a morte de moitos deles. Os outros moradores dos ecosistemas non poderán fuxir. Leer más…

Manoel Santos Pedras para un castelo , ,

Viernes, 18 de marzo de 2011

Nucleares: e se acontece unha vez?

smiley-nuclearArtigo publicado o 8/05/2010, novamente de actualidade.

A desfeita provocada pola plataforma petrolífera diante das costas de Luisiana (EUA) obriga a pensar se compensa facer tantos milleiros de prospecións –como hogano acontece no mundo– na procura dese ouro negro tan vital para o mantemento da insustentábel economía do crecemento continuo na que estamos mergullados. Dirán que o acontecido, unha catástrofe ecolóxica mil veces máis grave que a provocada polo Katrina, non é máis cun dano colateral dunha procura –e dependecia– inevitábel. Ao cabo, só foi unha vez… e non morreu ninguén (humano) por mor da marea negra.

O dito pensamento lévame inevitabelmente –e se cadra demagoxicamente– ao eido da enerxía nuclear, que como saben cada día defende máis xente para compensar a nosa dependencia do petróleo. Sen ir máis lonxe, Felipe González apelou nunha entrevista concedida a Iñaki Gabilondo en CNN+ –si, ás veces a un dálle por escoitar o inimigo– a un “debate sereo” sobre a necesidade de recuperar a electricidade radiactiva nun escenario de dependencia absoluta dos combustíbeis fósiles. Vale, e se recuperamos a enerxía nuclear e un deses accidentes acontece unha vez?

Hai uns anos escribín un artigo ao respecto… déixoo para a súa consulta. Leer más…

Manoel Santos Pedras para un castelo , ,