O tigre carnívoro e o tigre vexetariano
“Em uma década, o Fórum Social Mundial evoluíu bastante. Começou centrado na ideia do neoliberalismo, o que para muitos nem era uma crítica ao capitalismo, era uma crítica ao capitalismo selvagem. Ora, um capitalismo de rosto humano é a mesma coisa que um tigre vegetariano”. A frase, da que xa dei conta algu- nha vez, parte dunha das xeniais reflexións de Boaventura de Sousa Santos, nun seminario sobre a busca de paradigmas de civilización alternativos acontecido en Dakar en febreiro.
A idea do tigre vexetariano, que sería unha sorte de capitalismo verde ou Green New Deal, planou dende o estoupido da crise en 2007-2008, cando Nacións Unidas o anunciou coma unha estratexia necesaria para rescatar as economías mundiais, respondendo á vez ao reto da mudanza climática, daquela posta de relevo polo cuarto informe do Panel Intergobernamental do Cambio Climático (IPCC). Trataríase, ao cabo, de recuperar o espírito que Roosevelt aplicou nos anos 30 para superar a Gran Depresión, mais desta vez atendendo a esa nova variábel, coa aposta por unha economía de baixo carbono, con enerxías renovábeis, traballos verdes, eficiencia e aforro enerxético, etc. Mais como a ocorrencia do Boaventura non deixa de ser un certo oxímoro, un absurdo, a idea agonizou nun vira-vira. A unción déronlla probabelmente no Cumio de Copenhaguen de 2009, cando se certificou que a voracidade da economía financeira e a curta ollada dos mandatarios mundiais, así como as novas pretensións -tan lexítimas como irresponsábeis- dos países emerxentes e do G-20, facían imposíbel alcanzar un Kioto II. Un ano despois, na COP-16 de Cancún producíase o soterramento e a COP-17, a celebrar en Durban a finais deste ano, será con toda seguridade o escenario das exequias.
Deste xeito, logo do estoupido da crise, a irracional solución pasa por seguir a engordar o tigre carnívoro, só con certas maquillaxes na dieta. No entanto, esta segue a ter como proteína primaria unha mestura de combustíbeis fósiles que, como ninguén nega xa -todo indica que xa estamos a atravesar o pico do petróleo-, mais todo o mundo agocha, están moi próximos á súa extinción. Cando menos a baixo prezo. Primeiro será o petróleo, despois o gas, despois o carbón… mais tamén moitos recursos minerais e biolóxicos dos que depende a civilización industrial. Resulta difícil imaxinar aínda o mundo que se nos vén enriba, sen recursos e cu-nha crise ecolóxica que esnaquizará fronteiras, estados, pensares e comportamentos. O panorama que se nos pode presentar nas dúas próximas décadas foi excelentemente descrito, e poida que deixado como gran legado, por Ramón Fernández Durán en La quiebra del capitalismo global: 2000-2030, presentado por dous seus amigos na #acampadavigo o mércores pasado. Unha achega impagábel, por canto alén de focalizar inimigos e propor medidas correctoras da desdemocracia na que vivimos, cómpre que os movementos sociais teñan moi en conta que todo, absolutamente todo, está e estará condicionado pola dieta do felino.





RSS

vlajGa xstnhtdmclmo
PH10C9 , [url=http://hidmumchfxht.com/]hidmumchfxht[/url], [link=http://uuitsfrwsydg.com/]uuitsfrwsydg[/link], http://ladibpzzaudt.com/
Uxmovj mcylpeihbolr
This piece was cogent, well-wrteitn, and pithy.