Inicio > Pedras para un castelo > Caixas e bancos, socialización… e ruralización

Caixas e bancos, socialización… e ruralización

Lunes, 24 de enero de 2011

images-1Nacionalizar os bancos ou, mellor aínda, socializalos, para que muden en institucións públicas, dirixidas polos cidadáns e cidadás, e que o crédito sexa un ben público ou común que estea ao servizo da sociedade“. É unha das propostas de Susan George no seu libro: As súas crises, as nosas solucións (Icaria, 2010).

É unha proposta tamén socialista… e lóxica. Non abonda con controlar os bancos ou as caixas para que sigan a ser institucións, por exemplo, galegas. E que me importa a min onde estean os cartos, que ADN leven consigo, se non serven á cidadanía?

Un exemplo. A fusión galega das caixas fai que estas sigan a ser “galegas”. Porén, no meu pobo do cabo do mundo, que é tamén galego e lle din Corrubedo, pobiño fundamentalmente de pensionistas e algúns mariñeiros, queren pechar a única sucursal bancaria que existe, a de Caixa Galicia. A máis achegada quedará a nove quilómetros, cun servizo de autobuses máis que deficiente –por non falarmos do “ecolóxico” da decisión– e os conseguintes trastornos, máis que agudos, para unha poboación que xa de por si experimenta unha ausencia de servizos abraiante, como en todo o rural galego.

Peches de Caixa Galicia: Camelle, Corrubedo e Portomouro (Val do Dubra). Peches de Caixanova: Codeseda (A Estrada) e Feces (Verín). Moitas outras pechan pasando de Caixa Galicia a Caixanova ou de Caixanova a Caixa Galicia. Case que todas en pequenos pobos, aldeas e vilas. Continúa o exterminio… (rural)

Solución: ou socializar, ou volver á viga e o colchón. Ou é que a administración vai volver a enviar as pensións en efectivo ás casas?

Galegas disque… Grande cousa. E a algúns chámannos nacionalistas!

Manoel Santos Pedras para un castelo , , ,

  1. Sin comentarios aún.
  1. Sin trackbacks aún.
*