Inicio > Pedras para un castelo > Dúas esquerdas, unha alternativa

Dúas esquerdas, unha alternativa

Lunes, 23 de agosto de 2010

Malia que existe moita xente que teima en afondar en infecundas rifas semánticas cando parolamos sobre a esquerda social e a esquerda política, rexeitando os termos por coidar, como así é, que a esquerda social tamén é política; penso que no seu significado máis simple –a esquerda que traballa inserida nas institucións e a que traballa a pé de rúa– a diferenza é ben acaída.

É máis, explica a principal razón pola que non conseguimos desenvolver unha alternativa a este sistema capitalista que está a esnaquizar o planeta e a humanidade: a falta de entendemento entre ambas.

Evidentemente non acontece o mesmo co polo oposto da arañeira política, social e económica que, xa a duras penas, sostén as nosas sociedades. A dereita, a pesar das diferentes visións e perspectivas ideolóxicas que abrangue, sempre permanece unida na batalla pola hexemonía social. Fica así exposto quen está destinado a perder a batalla. Ou a guerra ao completo.

No que vai de ano asistimos na Galiza a un bo número de debates de fondo sobre a situación catatónica que atravesa a esquerda, que paradoxalmente, no intre máis feble da hexemonía capitalista non só non é quen de reaccionar presentando ás masas sociais unha alternativa coherente e que ilusione, senón que persiste apampada fronte ó reforzamento da dereita en todos os ámbitos.

Lendo os textos da Rolda de Rebeldía apoiada polo Encontro Irmandiño, do “refundando a esquerda” de Esquerda Unida, das Xornadas Independentistas de Primeira Linha ou do debate sobre o “desasosego da esquerda social” organizado por Tempos Novos, por mencionar algúns, parece existir un consenso discursivo ao redor de que o divorcio entre a esquerda social e política explica a meirande parte do seu integral fracaso.

A lóxica invita a afirmar que, en resolvendo tal eiva, dariamos un paso de xigante para tratar de desenvolver unha alternativa. E falo de desenvolver no canto de buscar porque a dita alternativa xa existe. Na Galiza temos unha tea social -con perspectiva transformadora- miúda e mesmo atomizada de máis, é certo, mais ten a madureza dabondo para expor o modelo de sociedade que precisamos. E é esta esquerda social a responsábel de procurar a alternativa, mentres que a política só debe dar conta dela.

Non é difícil acadar consensos en materia de ecoloxía social ou de ecoloxía política e económica, porque non cabe dúbida de que a ecoloxía debe servir de prefixo a toda actividade social de futuro.

Tampouco ao redor do feminismo, da inmigración, do mundo labrego, da pesca, da dirección que debe tomar a actividade industrial, do desenvolvemento enerxético, das infraestruturas, dos coidados… Existen na esquerda social diferenzas insalvábeis nestes eidos? Abofé que non.

Daquela, porque non xorde, ou non se manifesta, a esquerda política necesaria para dar conta desa alternativa? Se cadra debemos comezar por explicar claramente que outra Galiza, que outro mundo, queremos. Sobre o papel. E despois argallar a estrutura política que faga dese papel a súa biblia.

Manoel Santos Pedras para un castelo , , , , , ,

  1. Miércoles, 27 de julio de 2011 a las 06:22 | #1

    Don’t you acknowledge that this is high time to get the loan, which will make you dreams real.

  2. Lunes, 30 de mayo de 2011 a las 10:29 | #2

    SmxnWl , [url=http://uwmydwhqyyul.com/]uwmydwhqyyul[/url], [link=http://pseezahdlsfv.com/]pseezahdlsfv[/link], http://nymjeeruodkn.com/

  3. Miércoles, 25 de mayo de 2011 a las 19:10 | #3

    q3hu9w trppurjnfwmq

  4. Sábado, 21 de mayo de 2011 a las 14:45 | #4

    D5BEKh , [url=http://vxipijbpkalw.com/]vxipijbpkalw[/url], [link=http://arhqgfujkplg.com/]arhqgfujkplg[/link], http://uxiirnsjyiyd.com/

  5. Viernes, 20 de mayo de 2011 a las 03:01 | #5

    GVRJcl rcbzrxivqgdw

  6. Martes, 17 de mayo de 2011 a las 09:21 | #6

    Kudos! What a neat way of thikning about it.

  7. Lunes, 23 de agosto de 2010 a las 21:05 | #7

    Gostei, partillo en grande parte o que comentas…Outra Galiza, é necesaria amais de posíbel.
    Agardo que pouco a pocuo so espazos sexan cada vez mais grandes, e non por efecto da deforestación senón polos logros da nosa alternativa
    Deica!

  1. Sin trackbacks aún.
*