Inicio > Pedras para un castelo > Vieiros: a peor nova

Vieiros: a peor nova

Sábado, 24 de julio de 2010

O xornal electrónico decano de Galiza anunciou hoxe algo que xa nos temiamos hai tempo, o seu peche definitivo. Foron 15 anos de experiencia, de abrir Galiza ao mundo e o mundo a Galiza. Dun xornalismo novidoso tanto no formato, pois en 1996 internet estaba máis que en cueiros, coma no xeito tan “galego” de redactar as novas e de ver o país. Ese país “normal” no que o proxecto de Vieiros pensou algún día é cada día menos país, pois non é quen, non somos quen, de rodealo dos compoñentes necesarios, nin no político, nin no social, nin no ambiental, nin no lingüístico… nin no mediático, para a dita normalidade. É unha moi mala nova. Mala nova para o país e mala nova para os camiños que, dende a prensa alternativa, e Vieiros era o seu máis ilustre representante neste país, nos deberían levar cara ese outro mundo posíbel que nunca dá chegado. Hoxe somos menos normais do que eramos onte. Pois iso, até sempre. E que sempre sexa mañá.

Manoel Santos Pedras para un castelo ,

  1. Sin comentarios aún.
  1. Sin trackbacks aún.
*