Inicio > Pedras para un castelo > O FMI axusta Europa. Toca sufrir…

O FMI axusta Europa. Toca sufrir…

Miércoles, 28 de abril de 2010

Os chamados programas de axustamento estrutural fan fundamentalmente referencia ás condicións impostas polo Fondo Monetario Internacional (FMI) e/ou o Banco Mundial a un país para darlle respaldo financeiro en forma de axudas –que realmente son créditos a intereses abusivos– para afrontar un problema de pagamentos internacionais e, deste xeito, non ficar fóra do sistema. Xurdiron a comezos da década de 1980 como resposta das institucións de Bretton Woods á crise da débeda, e sobre o papel tentaban corrixir o que se consideraban excesivos déficit dos orzamentos públicos e das balanzas de pagamentos.Ao cabo, eran en primeiro lugar plans de austeridade. Porén, en segundo e máis importante lugar, os ditos plans de axustamento, co pretexto de eliminar a pobreza e instaurar a democracia, obrigaban a aliñarse coas políticas neoliberais si ou si. Para entrar neles, esixíase o fomento da competencia, o control da inflación reducindo o gasto social, a apertura liberalización do mercado, a devaluación das moedas locais, a privatización de empresas públicas, a eliminación dos atrancos alfandegueiros á entrada das transnacionais, etc. O resultado foi a desfeita, ambiental e estrutural, de moitos países do Sur, que perderon autonomía, mudaron en dependentes do sistema financeiro internacional e caeron mergullados na eterna débeda externa, mais tamén no aumento do desemprego, da violencia e da pobreza provocada por este primario piar do Consenso de Wáshington. África, e especialmente América Latina, teñen sobrada experiencia no que falamos.

Os plans de axustamento estrutural parecen agora chegar a Europa da man, novamente, do FMI. A antidemocrática entidade está entre as principais causantes da crise financeira global, mais paradoxalmente foi lexitimada polo G20 –que á súa vez non ten lexitimidade algunha (en Nacións Unidas hai máis de 190 Estados)– para mudar en solucionador global. O raposo no galiñeiro. Grecia será a primeira damnificada, e os seus cidadáns e cidadás caeran na depresión con ela. Como di Tom Kucharz, de Ecologistas en Acción: “O plan de rescate someterá á poboación a fortísimos axustamentos orzamentarios e limitará a soberanía helena con draconianas medidas económicas impostas pola UE, máis aló do xa duro Pacto de Estabilidade e Crecemento”. Claro que despois lle seguirán Irlanda, Portugal, España…

Será certo que Europa vai comezar a beber da súa propia menciña?

Manoel Santos Pedras para un castelo , ,

  1. Miércoles, 16 de mayo de 2012 a las 20:25 | #1

    j7ooU9 , [url=http://ygzhbcltobhk.com/]ygzhbcltobhk[/url], [link=http://zioohnaqutoo.com/]zioohnaqutoo[/link], http://xxnkxjyxcpfr.com/

  2. Martes, 15 de mayo de 2012 a las 19:10 | #2

    ZwSVIV tsfrjtxlxnfm

  3. Martes, 15 de mayo de 2012 a las 13:22 | #3

    3MLNKj , [url=http://dytupclbwwtz.com/]dytupclbwwtz[/url], [link=http://mxioixbvlevo.com/]mxioixbvlevo[/link], http://igociupeoaky.com/

  4. Domingo, 13 de mayo de 2012 a las 14:39 | #4

    Quanta emoe7e3ooooo =)Jorge e equipe, muito obigdara pelas fotos MARAVILHOSAS ne3o cansamos de olhar, estamos muito satisfeitos com o resultado. Muito obigdara pelo carinho.Abrae7os, C&A

  1. Viernes, 23 de julio de 2010 a las 09:09 | #1
*