“Xacobeo franciscano”, unha boa nova
O pasado luns informabamos en exclusiva nas páxinas de El Correo Gallego a posta en marcha do Xacobeo franciscano, sen dúbida unha boa nova, principalmente para o sector turístico, que vive horas baixas pola acuciante crise, que se está a converter xa nun eterno pesadelo. A razón desta celebación, o 800 aniversario da peregrinación a Compostela de San Francisco de Asís. Aínda que os oitocentos anos se cumpren no 2014, a programación de actividades está previsto que comece xa en xullo de 2013, sendo aplicables as mesmas exencións fiscais que nos Anos Santos.
A iniciativa creará ademais sinerxias con outros países polos que tamén peregrinou San Francisco de Asís. Entre eles, Portugal, Francia, Italia e Alemania, aínda que a rede franciscana abarca outras nacións do continente europeo. Na Costa da Morte temos o convento franciscano de Louro. En definitiva, unha feliz idea que agardemos dea os froitos esperados.
San Francisco, en Santiago de Compostela





RSS








