POSTAL CAMPESIÑA

| 0 comments

Teño diante miña
unha paisaxe verdemar,
unha espiga dourada
e dun paxaro o seu chiar.
Unha voz de ferro
tórname nun volcán,
o seu son fálame
dun venerable lugar,
de fontiñas e de néboas
e dun sereniño cantar.
Da súa luz e feitizo
non me podo liberar,
pois recrea a ledicia
con afinada e firme man,
e debuxa no meu sangue
un esbozo de rexa paz.
(VERBAS DA TERRA)

Author: José María Máiz Togores

Profesor e escritor. O primeiro, de seguro. O segundo, iso creo.

Deja un comentario

Required fields are marked *.