CIRCUNCISIÓN

| 0 comments

Unha circuncidada máscara inmóbil amósame, como nun xénese perpetuo, segundo a segundo, o pulo dun instinto lucente; e anúnciame (afumado do teu abismo de cereixas) un último retallo de pel que nas miñas mans gardo desbocado e luxuriante para ti. Xa non podo máis. Aquilo que ti me dixeches con verbas recendentes hai varios séculos da miña soidade hoxe é un espello ferinte que me amosa un ser senlleiro e promiscuo en recunchos espidos de calor humano. (NOITES)

Author: José María Máiz Togores

Profesor e escritor. O primeiro, de seguro. O segundo, iso creo.

Deja un comentario

Required fields are marked *.