PERFORMANCE

| 0 comments

Os meus queixumes, entalecidos de soidade, e os meus feridos dedos soñan con posuír o teu corpo de avena, e non a súa sombra, nun xardín feito todo frenético paraíso. Pero todo convértese nunha performance obscena e emporcallada que nubra a nosa realidade: dous corpos espidos  e afastados polo medo que se desexan dende hai tanto tempo que xa están esgotados por tanta ausencia e soidade. E os arrepíos que percorren o meu corpo síntoos como orgasmos emocionais. (NOITES)

Author: José María Máiz Togores

Profesor e escritor. O primeiro, de seguro. O segundo, iso creo.

Deja un comentario

Required fields are marked *.