AMENCER

| 0 comments

Esta mañá erguei da cama e boteime pra rúa moi cedo. Inda non había nin unha pinguiña de sol. Todo estaba escuro, negro, vougo, ermo. Ninguén pola rúa. Soamente eu. Unha fantasma. Non sabía que camiño tomar. Dubidei tantas veces que un can sen nome me ollaba, sentado nos  cuartos traseiros, entre chufeiro e inquisitorial. Comecei a suar a fío. A calor era insoportábel. Pero non me refreou no meu desexo de andar ao doután. Mirei o teléfono unha morea de veces. Ante tan punxente dor pola mudez tireino no chan. O chasquexo foi tan grave e breve que sentei na beirarrúa querendo compoñelo coas mans húmidas e tremantes. Non fun quen de facelo. Erguei atorado e coa camisa adherida ás costas. Falei polo baixo un xuramento contra o amor. Dixen que endexamais. Pero, sen darme conta, atopei unha tendo móbiles e alí esperei a que abrira. Merqueino? Non cho sei.

Author: José María Máiz Togores

Profesor e escritor. O primeiro, de seguro. O segundo, iso creo.

Deja un comentario

Required fields are marked *.