O SOLPOR

| 0 comments

A tarde morre pouco a pouco. A luz do día esvaécese nun latexo de soidade e tristura. Espero a túa chamada como un neno o acougo da súa nai. O silencio é ferinte e non son quen de centrarme na miña tarefa. Dou voltas pola miña casa cunha suor na pel que non quero secar para non esquecerte. Non. Non penses que falo de sucidade. Non. Falo de dous corpos espidos amándose nun leito fervente e cheo de desexos mentireiros.

Author: José María Máiz Togores

Profesor e escritor. O primeiro, de seguro. O segundo, iso creo.

Deja un comentario

Required fields are marked *.