A ILUSIÓN NO AMOR

| 0 comments

A ilusión, no amor, é facermos real e perceptíbel ao sentido do tacto (desordenado pracer de algodón) o saboroso lume que nace ebrio na caluga; e que, tras un espasmo en forma de chama gozosamente excitada, móstranos tanxíbel na súa meigosa man a cinza dun escinteleante suspiro que xamais ardera en realidade. Todo é un bucle de fantasmagorías que gravitan espidas de realidade nunha nube de pel esvaída e xamais apalpada. (NOITES)

Author: José María Máiz Togores

Profesor e escritor. O primeiro, de seguro. O segundo, iso creo.

Deja un comentario

Required fields are marked *.