ANIVERSARIO

| 0 comments

Hoxe é o meu aniversario. E caen… Un bo sementeiro. Caeron en min esta mañá esa ringleria infinda de anos coma unha bomba de palenque na festa da Peregrina de Bertamiráns estoupara ás doce horas do ano… Que tempos aqueles!!! Hoxe todo é nostalxia, fotos amarelas, saudade, amusgo, melura… Quen me vai desnmorriñar? Imposíbel. Xa non hai quen o faga. Triste por iso? Endexamais. Ledo? Tampouco. Acostumado a unha sucesión de recordos que deixan en min un gaspallo de melancolía, camiño por este mundo de homes desafuliñados, hiperactivos e canseiros cunha man por diante e outra por detrás. Os anos vividos? Unha enchenta de emocións no meu peto. Os anos que están por vir? Desexo que me dean o sosego e maila aquedanza que precisa o meu vivir. GRAZAS POR ME LER.

Author: José María Máiz Togores

Profesor e escritor. O primeiro, de seguro. O segundo, iso creo.

Deja un comentario

Required fields are marked *.