29/08/2017
por José María Máiz Togores
0 comentarios

TI NON ES ESCRITOR

Onte estiven a falar co meu alter ego. Foi unha conversa moi dura, pois el comezara xa cunha frase ferinte: Ti non es escritor. E por qué? Non hai escritor se non hai recoñecemento público. Mentira, dixen eu removéndome no … Continue reading

27/08/2017
por José María Máiz Togores
0 comentarios

LER O PERIÓDICO

Non quero ir de enterro. Deus non o queira! Pero cheira a morto que escaralla o nariz con soamente  pasarmos por diante dun posto de xornais. Onte estiven de conversa cun home que ten un quiosco de prensa dende hai … Continue reading

23/08/2017
por José María Máiz Togores
0 comentarios

AMENCER

Esta mañá erguei da cama e boteime pra rúa moi cedo. Inda non había nin unha pinguiña de sol. Todo estaba escuro, negro, vougo, ermo. Ninguén pola rúa. Soamente eu. Unha fantasma. Non sabía que camiño tomar. Dubidei tantas veces … Continue reading

22/08/2017
por José María Máiz Togores
0 comentarios

O SOLPOR

A tarde morre pouco a pouco. A luz do día esvaécese nun latexo de soidade e tristura. Espero a túa chamada como un neno o acougo da súa nai. O silencio é ferinte e non son quen de centrarme na … Continue reading

18/08/2017
por José María Máiz Togores
0 comentarios

POÉTICA

Nos latexos dos meus versos defendo as miñas crenzas, confeso a fe dos meus, espallo o recendo da nosa terra, e fago con eles unha trincheira colmada de astros e de estrelas. Nos latexos dos meus versos sinto a vida … Continue reading

16/08/2017
por José María Máiz Togores
0 comentarios

A ILUSIÓN NO AMOR

A ilusión, no amor, é facermos real e perceptíbel ao sentido do tacto (desordenado pracer de algodón) o saboroso lume que nace ebrio na caluga; e que, tras un espasmo en forma de chama gozosamente excitada, móstranos tanxíbel na súa … Continue reading

15/08/2017
por José María Máiz Togores
0 comentarios

ANIVERSARIO

Hoxe é o meu aniversario. E caen… Un bo sementeiro. Caeron en min esta mañá esa ringleria infinda de anos coma unha bomba de palenque na festa da Peregrina de Bertamiráns estoupara ás doce horas do ano… Que tempos aqueles!!! … Continue reading

13/08/2017
por José María Máiz Togores
0 comentarios

A NOSA LINGUA

Lingua viva e senlleira, achégome a ti cos ollos camiño dun ceo ateigado de limpas roseiras, e cun cantar arrolado no risco da túa estrela. Sei que aínda é cedo para falarche dun pucheiro ben feito, dunha fermosa lumieira; mais … Continue reading