Home > O Tren Pantasma > Heredeiros dos novos tempos

Heredeiros dos novos tempos

Marzo 21st, 2012

Achegueime a Ordes para ver o Heredeiros da Crus return concert. Entrei na LP45 pola zona de prensa e grazas a deus que puiden facelo así. Aló na porta principal había unha marabunta de rapaces gritando enfervorizados mentres vaciaban botellas de destilados. Non sei se podería ter lidiado con aquelo. Cando abriron as portas eu xa observaba dende o segundo piso como os porteiros e un par de axentes locales filtraban o paso da estampida dunha xuventude rockeira ansiosa por pillar posto nas primeiras filas. O que eu me preguntaba cando asistín ao concerto era se unha banda destas características podería manter a un público tan amplo esperando por case dez anos para velos. A resposta atopéina cando vin ás masas coreando vellos himnos coma se se tratara de cancións que sonaran a cotío na radio.

Logo marchei a Compostela e comentei a movida con varios músicos nos bares de Santiago. Falar é fácil pero apuntar as claves reáis deste fenómeno non me parece unha obviedade de curta definición. Nas barras escoitéi cousas como que era normal que tiveran esa repercusión ao contar con Tonito de Poi como cantante. Para moitos, que éste nunca deixara de aparecer en tiví axuda a explicalo todo. O feito é que Tonito non sólo non é o cantante, se me apurades, a pesar de ser un personaxe con carisma dentro da banda, non conta cun especial protagonismo no que sobre as táboas acontece nos directos de Heredeiros. Certo é que defende un momento de chow épico tomando parte no xa mítico estriptís pero, dende o meu punto de vista, é o cantante, Javier Vazquez Maneiro, o animal de escea capaz de atraer as miradas de todos os asistentes minuto tras minuto…Con esto digo que eso da tv, sendo as súas aparicións no Xavarín de fai tanto tempo, non pode ser a explicaión. Moitos dos rapaces que brincaban en Ordes eran novos de máis incluso para recordar aqueles programas. Nas redes sociais falábase do reclamo que supoñía para moitos deles ver ao vivo a esa banda que tantas veces sentiron e que nunca viran en directo. Alá non estabámos a rememorar vellos tempos senón a celebrar os novos. Como dixo Fran Velo ao remate do chou ‘estamos para quedarnos’, e ogallá sexa certo. Creo que esto sería unha boa nova para o rock feito aquí…

 

o que se di no wikipedia:

A principios de 2012 se confirma que vuelven a juntarse mediante la página web www.volvenosmaisjrandes.com, mediante la cual personajes famosos de Galicia hablan de la vuelta de los más grandes, sin decir en ningún momento el nombre del grupo, creando así la intriga de si son ellos o no. El regreso se produce el día 3 de marzo, con un concierto en la sala LP45 de Ordes de casi 3 horas de duración, en el que repasan sus temas más conocidos. Dias después de la actuación y ante la gran acogida por parte del público confirman que se volverán a reunir para tocar.

Xaime Barreiro O Tren Pantasma

  1. No comments yet.
  1. No trackbacks yet.
*