Un mal recordo do actor cómico estadounidense W.C. Fields, de safari por África: “Foi terrible; alguén esqueceu o sacarrollas e durante días tivemos que sobrevivir a base de comida e auga”.
Amor, etcétera: falar cun home é como tratar de enselar unha vaca; custa un traballo enorme e, total, ¿para que serve?
Amor, etcétera: falar cunha muller é como tratar de enselar unha vaca; custa un traballo enorme e, total, ¿para que serve?
Unha explicación do Watergate, en boca de Richard Nixon: “Eu non mentín; só dixen cousas que logo resultou que non eran certas”.
A lucidez de Dorothy Parker: se queren saber o que opina Deus do diñeiro, miren a quen llo deu.
A lucidez da miña avoa boa: se queren saber o que opina Deus da xustiza, póñanlle unha demanda a Garzón.
Grosor necesario dunha capa de xeo para poder camiñar sobre ela con certa seguridade: 6,35 centímetros.
E vostede pola vida sen coñecer un dato así. Inconsciente.






