A letra dunha canción: de onde sacará pelas a lúa para saír todas as noites.
A traxedia da Torre de Pisa, e doutras celebridades, segundo Andrés Trapiello: é triste deberlle a túa fama ao feito de estar torcida, non de ser torre.
Unha prebenda escandalosa: nun dos mellores hoteis de Java hai sempre reservada unha habitación con baño pra a Deusa do Mar do Sur, Njaii Loro Kidul.
Un proverbio africano: se queres o can, debes querer tamén as pulgas.
Outro proverbio africano: ata ter cruzado o río, non insultes aos crocodilos.
A Lei de Parkinson: o traballo medra ata encher completamente o tempo do que se dispón para facelo, sexa este canto sexa. Xa nos pillaron, vaia.







30 de enero de 2012 at 20:48
Para algo tan genial no hay comentario que valga; sería estropearlo…
2 de febrero de 2012 at 23:33
Para un comentario tan etcétera non hai comentario que tampouco.