Fragmentos de Apocalipse

| 0 comments

O teléfono, segundo Ambrose Bierce: invento do demo que suprime case todas as vantaxes de manter a distancia ás persoas desagradables. Moito despois alguén inventou o móbil, sen que Ambrose Bierce o soubese, para suprimir as vantaxes que quedaban.

A traxedia de Lázaro: e despois de resucitar, ¿que?

Uns fríos datos fríos: Un dos nosos e O Padriño III perderon o Oscar fronte a Bailando con lobos; Taxi Driver, fronte a Rocky; Apocalypse Now, fronte a Kramer contra Kramer. Quérese dicir que sempre hai que manter a esperanza de que a inxustiza, algunha vez, nos favoreza.

 

Deja un comentario

Required fields are marked *.

*


*