Paxaros no tendido

| 2 Comments

Contáballe o outro día Tom Waits a Eduardo Lago, nunha entrevista, que coñeceu el un presentador de televisión californiano que se dedicaba a observar a posición que ocupaban os paxaros nos cables de teléfono e convertía esa imaxe nunha partitura coa correspondente melodía. Cada vez que os paxaros levantaban o voo e regresaban, creaban unha melodía completamente diferente, pero seguían sendo os mesmos paxaros. En algo parecido consiste, dicía Waits, o proceso creativo, sexa para escribir novelas, pintar cadros ou compoñer cancións: as cousas entran na cabeza dun, quedan un tempo e saen transfiguradas. Ou ben: collendo a nota dun suicida e cambiando a orde das palabras, é posible escribir unha carta de amor.

Estamos, pois, en que estas mesmas palabras que eu manexo, palabra arriba ou abaixo, xeraron a obra completa de Juan Carlos Onetti. A pregunta é por que a min nunca se me ordenan tan ben, as cabronas.

 

2 Comments

  1. Clave de fa. ¿Quién da el tono?… El pájaro loco…

  2. Fáltalle unha liña, en realidade, ao pentagrama. Así non hai quen afine.

Deja un comentario

Required fields are marked *.

*


*