Éxito ou fracaso?
Nos últimos días acaeceron fatídicos acontecementos que desgraciadamente requeriron o exercicio profesional de dúas disciplinas científicas complementarias en casos de mortes sospeitosas ou violentas. O descubrimento en augas coruñesas do último dos catro cadáveres que o mar devolveu despois do traxédico suceso do 27 de xaneiro e ó dobre asesinato de Xermade foron causa de desplegue da habilidade e pericia, respectivamente, de especialistas medico-forenses e policía científica. A propósito o de respectivamente, pois pretendo establecer unha comparación entre ambas actividades.
En España, as competencias de policía científica son levadas a cabo tanto polo Corpo Nacional de Policía e a Garda Civil como polos diversos corpos policiais autonómicos e algúns cuerpos de Policía Local ou municipal. O corpo médico-legal (ou forense) non se inclúe dentro das fuerzas e corpos de seguridade, pero sí colaboran no proceso xudicial dos casos de asasinato, homicidio, lesións, violación, abusos, etc. e traballan estreitamente coa policía en casos nos que a súa acción é requeriada para presentar probas ante o xuíz.
Ambas actividades requiren amplos coñecementos, experiencia e recursos para o exercicio das súas funcións, así como plataformas de investigación e innovación. No caso da medicina forense e no contexto de crise e recortes, os recursos económicos e subvencións menguan cada ano, pero a pesar das dificultades os resultados son positivos. Dirixindo a ollada á outra banda, ou á primeira parte da investigación do crime se queremos dicilo así, parece que os esforzos son menos productivos, ben porque quizais resulte unha tarefa máis complicada atopar as probas que analizalas, ou porque en xeral, é máis complexa a búsqueda da verdade en escenarios reais ca nun laboratorio.
Quizais me equivoque na perspeciva por simple descoñecemento. En calquera caso, en vista da traxedia sucedida en Xermade, só queda esperar e desexar o éxito de tódalas vías de investigación posibles para descubrir ós autores do crime e facer xustiza.





RSS
