Home > Mira ti! > Conversa cunha tapa

Conversa cunha tapa

Outubro 16th, 2011

O fin e os medios. Parece sinxelo e que confuso é ás veces. A comunicación e un fin para o cal temos moitísimos medios, entre eles o teléfono móvil. O caso é que cada vez que un novo e máis sofisticado modelo ve a luz, con máis funcións e posibilidades, perde un pouco de medio e gaña un pouco de fin. Con isto quéixome de que cada vez vexo máis xente pegada a unha BlackBerry que máis que un móvil é un apéndice, que máis que un medio para comunicarse é un fin en si mesmo. Podería non ter nada de malo, pero a verdade é que me asusta un pouco que nos bares de tapas se extinga para sempre o contacto visual e a atención durante unha conversa, porque os suxeitos se atopan inmersos noutra paralela por mensaxiñas de WhatsApp. E non é de reprochar que contesten de seguido, pois con este sistema aquel que lle escribiu sabe que foi lido. É un avance, si. Abarata e axiliza. Pero non é angustioso estar sempre localizable e obrigado a responder? O peor é que aos que non temos diso, non nos queda outra que concentrarnos na tapa.

Henrika Mira ti!

  1. Outubro 18th, 2011 at 11:01 | #1

    Con frecuencia olvidamos que para comunicarse se necesitan al menos dos personas, que hablen el mismo idioma y posean un medio de comunicación, que puede ser directo, de viva voz, o por un medio de transmisión. Que a su vez puede ser unívoco, en un sólo sentido, o biounivoco, en ambos sentidos. Puede ser hablado, teléfono, video conferencia, o escrito: telex, internet etc.
    A menudo confundimos los medios con la comunicación en sí. En mi opinión, cuantos más medios menos comunicación personal, o interpersonal. Y más vacia de sentimientos y matices espirituales y humanos. Se puede trabajar en un centro de comunicaciones internacional, comno era mi caso, y no cruzar palabra con algún ser humano. Comunicarse es un arte y los medios de comunicación son sólo un negocio basado en la tecnología y la ingeniería de nuestro siglo. Un respetuoso saludo.

    • Henrika
      Outubro 19th, 2011 at 12:29 | #2

      Que bonito escribe vostede Antonio, e canta razón! Non sei se sabe o que son os emoticonos, esas representacións dunha cara humana utilizadas en foros, SMS, chats e correos electrónicos. Eu vexo neles o exemplo máis explícito desa carencia de matices nas novas comunicacións, ou máis ben o intento frustrado de recuperar eses matices. Cantas veces se perde a intención dun comentario por non poder ver a posición das cellas de aquel que cho escribe, ou mesmo se as comisuras dos seus beizos apuntan cara arriba ou cara abaixo. Por suposto que nunca será o mesmo un chat, unha conversa telefónica ou incluso unha videoconferencia que un momento cara a cara. Ben o sei, que estiven un ano fóra da casa e son unha persoa de saudades. Pero hei de dicir que escoitar a voz da miña familia ou vérllelos sorrisos na pantalla curoume moita morriña, e estou agradecida a esa tecnoloxía da que falamos. Outro respetuoso saúdo de volta!

  1. No trackbacks yet.
*