Home > Mira ti! > A festa da tortura

A festa da tortura

Xullo 26th, 2011
Seica está o mundo do toreo revolucionado, feliz e satisfeito despois da volta aos rodos de José Tomás. Atribúenlle facultades divinas, é unha lenda viva, un exemplo de valor. Eufóricos e contaxiados desa valentía os aficionados repiten fachendosos aquilo de “a quen non lle guste, que non mire”. Xa non miro, alomenos a propósito… pero estou informada. A cousa vai de bravura, masculinidade, valentía e tradición. Non estou en contra de todo iso, pero si da burla, da tortura e do maltrato dun animal.
Que beleza e que plasticidade de malva e ouro, como brilla o traxe! Din que aínda reloce máis manchado de sangue. Do sangue alleo.
Ben sei que para formarse unha opinión débense escoitar as dúas partes, co oído aberto e tamén as miras. De verdade que puxen o meu empeño mais non atopo un só argumento a favor cun sustento sólido e razoable. Se a tradición debe ser protexida por encima da ética, entón reconstruamos o Coliseo de Roma e comamos pipas admirando unha loita a vida ou morte entre bestas e cristiáns. Se debemos mirar cara a outro lado ante o que nos pareza inxusto, entón ignoremos as mulleres maltratadas. Se a loita é nas mesmas condicions, que utilicen o cansanzo e a dor para minar completamente nas súas facultades físicas tamén ao toureiro. Se a beleza de todas as manifestacións artísticas de confección, cartelería, música ou literatura que xera a tauromaquia xustifican a súa perpetuación, entón defendamos tamén as guerras, as traxedias humanas, a mafia ou o nazismo, en tanto que provocaron a creación de auténticas obras de arte.
 
Termino remitíndovos a un artigo sobre o tema escrito por Fernando Álvarez, etólogo e profesor de investigación, por se quedan dúbidas de que o animal sofre. E tamén vos pido, por que non, que se alguén pode ilustrarme nos argumentos contrarios, o faga.
 

Henrika Mira ti!

  1. Setembro 13th, 2011 at 09:18 | #1

    Me llama la atención que una persona joven y seguro que guapa, aunque esconde la cara en la foto, algo no aconsejable desde el punto de vista psicológico pues denota timidez, escriba sobre toros, y más en Galicia. Donde salvo en Pontevedra e A Coruña la aficción a los toros no existe.
    Sin ser un entendido en toros, es evidente que el toro sufre duarante la lídia, no podía ser de otro modo: una corrida de toros es un espectáculo cruento. Reminiscencia evidente de los circos romanos, donde luchaban en la arena esclavos hasta la muerte. En pocas ocasiones axistí a los toros: dos veces en amadrid, una en Málaga y otra en Ronda, y lo que pude percibir es que la gente de los toros no va a ver sangre, sí valor y tecnica taurina, que eso es en el fondo lo que allí hay. Es evidente que un animal fiero como es el toro, que pesa seiscientos kilogramos y esta dotado de finas astas puede destrozar a un hombre con facilidad. Qué hace que esto no ocurra: la habilidad del torero.
    Aunque respecto a la gente que opina en contra de los toros, pues sus motivos tendrán, soy consciente de que el toro bravo no existiría como especie si no hubiera corridas y encierros. ¿Causas? Algo muy simple, como animal de engorde el toro bravo carece de interés. ¿Quién iba a querer tenerle sin utilidad práctica alguna, y lo difícil que es de manejar?

    • Henrika
      Setembro 28th, 2011 at 10:32 | #2

      Para empezar disculpas pola tardanza na resposta, é o primeiro comentario que recibo (e celebro) e non o esperaba, a verdade. Moitas gracias por iso Antonio!
      Respecto ao argumento que utilizas e que veño oíndo e lendo dende tempo atrás, discrepo en considerar a tortura dunha especie unha finalidade que xustifica a súa existencia. Poderíase comparar na miña opinión ás pelexas de cans. Para esta actividade ilegal en moitos países, crúzanse razas para obter castas máis poderosas, entrénanse durante toda a súa vida para a violencia, desequilíbranos para que ataquen a outros animais e desgarren a súa carne ou que loiten ata a propia morte. Estes cruces de cans con impostas características psicolóxicas tampouco existirían de non ser para este fin. É moi distinto?
      Por outra banda, gústame pensar levas razón niso de que o público quere ver técnica e non violencia. Sen embargo o segundo segue aí, e de forma explícita.

  1. No trackbacks yet.
*