Tribuna libre

Galego B1, B2 e C1: méritos para concursos do profesorado


[vc_row][vc_column width=”1/4″][vc_single_image image=”1817″ img_link_target=”_self”][/vc_column][vc_column width=”3/4″][vc_column_text]

O noso máis sincero agradecemento a Noemí Álvarez, autora deste artigo.

Noemí Álvarez Villar é profesora de Lingua galega e Literatura no ensino secundario e na actualidade traballa como asesora de Idiomas na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. É autora de libros de texto para a materia de Lingua galega e Literatura no ensino secundario, así como doutras obras de investigación sobre a Lingua galega e a súa literatura, como a obra Por que o cola-cao non está no dicionario?, un estudo sobre a situación das palabras procedentes de marcas rexistradas na lingua galega.

Ademais, participou con comunicacións en diversos congresos nacionais e internacionais e ten experiencia en impartición de cursos de formación do profesorado.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=”1/1″][vc_column_text]

A EOI certifica o coñecemento e dominio en lingua galega dos niveis A2, B1, B2 e desde o ano 2014 C1. Ao finalizar cada curso, no mes de xuño, realízanse as probas de certificación de cada nivel, ás que se pode presentar, tanto o alumnado oficial, como calquera outra persoa que non sexa alumnado da escola. Por suposto, tamén se pode presentar o profesorado, que non paga a taxa de matrícula se está en activo.

A matrícula libre debe realizarse no mes de marzo ou abril, cando abre o prazo nas EOI e as certificacións de EOI (en calquera lingua agás español para estranxeiros) no caso do profesorado, convértense en puntos no concurso-oposición de acceso á función pública docente ou no concurso de traslados. No concurso-oposición publicado en 2014 a puntuación era:

B2: 0.5 puntos

No concurso de traslados de 2015 a puntuación era::

C1: 3 puntos

B2: 2 puntos

B1: 1 punto

O profesorado que así o desexe pode asistir aos cursos que ofertan as EOI ou pode presentarse ás probas libres, aos niveis B1 (4º) e B2 (6º) na mesma edición (por exemplo en xuño de 2015), pero para poder matricularse no nivel C1 (7º) é necesario estar xa en posesión do título do nivel B2 de lingua galega dunha EOI.

Ben é certo que o profesorado galego ten xa acreditado un nivel C1, chamado Celga 4. Non obstante, en ocasións, por falta de práctica, de espazo de uso ou de revisión ese nivel C1 acreditado non se corresponde co nivel descrito polo Marco Común Europeo de Referencia para as linguas, que é o referente para as probas de certificación da EOI. Froito desta situación, o profesorado ou opositores que decidan presentarse a estas probas deben considerar preparalas previamente, ben coa propia formación que ofertan as EOI, ben de forma autodidacta ou ben con cursos específicos, para garantir un resultado positivo.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]


3 comentarios on Galego B1, B2 e C1: méritos para concursos do profesorado

  1. Robert de Vigo

    totalmente de acordo. Xa podes ser o que queiras, que como non o acredites en papel non lles vale. Iso si, se queres gobernar non che fai falla nin oposición, nin inglés, nin galego nin gaitas…

Leave a Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *