Inicio > En clave de folk > A factoría do folk galego en plena produción

A factoría do folk galego en plena produción

Lunes, 28 de febrero de 2011

Parece ser que en tempos de crise o músicos galegos, dado o pouco volume de concertos,  aproveitan para meterse nos estudios de gravación e facer que a industria musical galega experimente un volume de traballos discográficos novos, so comparable a de finais da decada dos noventa, cando  o folk experimentou un rexurdir grazas a bandas coma Berrogüetto, Luar na Lubre, ou a gaiteir@s coma Carlos Nuñez, Xosé Manuel Budiño ou Susana Seivane.

Moitos destes grupos siguen ainda compoñendo e sacando novos traballos coma é o caso de calquera dos que antes se mencionan, pero nesta decada, moitos grupos novos veñen pisando forte e fan que a música galega estea mais viva que nunca. Grupos coma a orquesta folk Sondeseu (Barlovento), Bellon Maceiras Quinteto (Folk fusión), Ophiusa (Sen planeta), Marful (Manual de sedución), Nova Galega de Danza (Tradiccion), ou solistas coma Mercedes Peon (S.O.S.), Pepe Vaamonde (Introterra), Anxo Lorenxo (Tiran) e Roi Casal (Maxicamente Vello), por citar alguns, fan que a música galega siga pelexando por facerse o oco que se merece, e lle correspode por dereito, dentro do planeta musical que nos rodea

Paulo Gacio En clave de folk

  1. Sin comentarios aún.
  1. Jueves, 29 de diciembre de 2011 a las 13:57 | #1
Debes estar registrado para dejar un comentario.