Inicio > En clave de folk > Galeoke o karaoke galego

Galeoke o karaoke galego

Martes, 30 de noviembre de 2010

galeokeA música galega xa conta co seu propio karaoke, o Galeoke, un xogo no que poderemos desfrutar cantando os temas dos artistas galegos que mais nos gustan.

En principio sairá un primeiro volume que contará con 16 cancións entre as que podemos atopar a grupos coma Os Resentidos, Berrogüetto ou Os Diplomaticos de Montealto entre outros. A escolla deste repertorio  non foi fácil segundo os creadores, xa que : -A lista de cancións podería ser case infinita, contamos na música galega cun nivel altísimo de creatividade en todos os estilos. Intentamos ter máis ou menos unha representación de todos eles. Unha  das peneiras foi escoller a grupos que rexistran a súa obra baixo licenzas libres. -Non por iso podiamos deixar de lado as cancións que forman parte da nosa historia ou que contan cun peso especial na cultura galega actual.

Unha iniciativa que na sua presentación foi moi ben acollida polo público  e que de seguro terá continuidade con máis cancións, mais grupos  e mais discos. O que tamén vai servir para promocionar a música galega, e que moita xente coñeza a gran cantidade de grupos que ai en galiza e o grandisimo nivel que atesouran.galeoke_logo

O proxecto  presentouse  no CulturGal, en Pontevedra, e en Nadal estará na rúa.

A partir do 21 de decembro poderase  atopar nas tendas de discos e en www.toupa.net

Mais info en : www.galeoke.com

Paulo Gacio En clave de folk

  1. Sin comentarios aún.
  1. Sin trackbacks aún.
Debes estar registrado para dejar un comentario.