II Xuntanza de Musicos ao Vivo
A asociacion de Musicos ao Vivo fará unha campaña de achegamento tanto a outro músicos coma a medios de comunicación.
Esta asociación creada hai mais de un ano, ven a encher un oco existente neste colectivo no que se refire o asociacionismo en Galiza, e pretende así loitar de maneira mais eficaz polos seus dereitos diante das institucións públicas e privadas, como xa o fixeron antes outros gremios coma o cine ou o teatro.
A campaña comezará coa II XUNTANZA da asociación o domingo 21 de novembro en Santiago de Compostela. Esta convocatoria está aberta a todos os músicos de Galicia, sexan socios ou non. Como di o lema da Xuntanza “Todo o mundo é benvido“.
Unha semana despois terán lugar ás Reunións Simultáneas en tres vilas galegas: Lugo, Ourense e Vigo.
A proposta vai dirixida a achegar a asociación e os seus servizos aos músicos e colectivos de músicos destas zonas da xeografía galega ás que nunca chegara Músicos ao Vivo ata o de agora.
Esta asociación tamén terá representación no Culturgal (Feira das Industrias Culturais), que se celebrará o último fin se semana de novembro no Pazo de Congresos de Pontevedra, e que servirá para poñerse en contacto coas empresas audiovisuais, editores, programadores musicais e os profesionais das artes escénicas.
Mais información en www.musicosaovivo.com





RSS
