Marful preseta o seu “Manual de Sedución”
Marful presentarán o seu novo CD, “Manual de Sedución” no programa En clave de folk en directo o luns a medianoite.

Este MANUAL DE SEDUCIÓN é unha proposta luminosa, exuberante e viaxeira. Brasil, Cuba, Italia… son lugares aos que Marful viaxa creativamente, desde as tabernas dos portos até os xardíns románticos, desde os cinemas vellos até as grandes extensións de vides. Incluída a intensa viaxe polos recovecos do sistema nervioso, do afectivo e das miserias e misterios do universo todo. 4 viaxeiros que saben cando é a partida mais non a chegada. Nin emigrantes, nin turistas: viaxeiros. 4 exploradores que saben buscar o punto entre o imaxinario e o real. Ugia Pedreira (cantante), Pedro Pascual (acordeón diatónico), Marcos Teira (guitarra) e Pablo Pascual (clarinete baixo) souberon situarse no panorama nacional e internacional, ofrecéndonos unha música elegante cunhas letras persoais e irónicas e unha posta en escena irreverente e emotiva.
Se queres saber mais do grupo e do seu novo traballo, podes facelo escoitando o vindeiro luns a medianoite a entrevista os seus membros no programa En clave de folk.
Participa no programa enviando as tuas preguntas para os musicos a este blog.
Mira o videoclip do tema Pasodoble universal na seguinte enlace: Pasodoble universal





RSS
