“Pateado”, o novo traballo de Pradairo
Tres anos despois de acadar o primeiro posto no VIII Certame de Folk “Radio Obradoiro” e dous anos despois do seu primeiro CD “Aliaxe”, Pradairo volve para presentarnos o seu segundo traballo discográfico titulado “Pateado”, nome que reciben as xotas na comarca de Compostela, e que foi presentado na mesma sala onde xa presentaran o anterior traballo, o teatro principal de Compostela.
Como eles mesmo o definen Pateado é “a reafirmación das nosas músicas como punto de partida irrenunciable para chegar a unha proposta musical diferente coa que nos poidamos sentir identificados”.
Pradairo afronta neste disco o reto de sumar armonías e arranxos actuais a dez temas tradicionais recollidos
por toda a xeografía galega. O resultado é un disco coidado ata o detalle no que acordeón, saxo, gaitas, voces e todo tipo de percusións contribúen a crear para cada tema unha realidade sonora nova sen perde-la súa identidade.





RSS

