Lunes, 28 de febrero de 2011
Parece ser que en tempos de crise o músicos galegos, dado o pouco volume de concertos, aproveitan para meterse nos estudios de gravación e facer que a industria musical galega experimente un volume de traballos discográficos novos, so comparable a de finais da decada dos noventa, cando o folk experimentou un rexurdir grazas a bandas coma Berrogüetto, Luar na Lubre, ou a gaiteir@s coma Carlos Nuñez, Xosé Manuel Budiño ou Susana Seivane.
Moitos destes grupos siguen ainda compoñendo e sacando novos traballos coma é o caso de calquera dos que antes se mencionan, pero nesta decada, moitos grupos novos veñen pisando forte e fan que a música galega estea mais viva que nunca. Grupos coma a orquesta folk Sondeseu (Barlovento), Bellon Maceiras Quinteto (Folk fusión), Ophiusa (Sen planeta), Marful (Manual de sedución), Nova Galega de Danza (Tradiccion), ou solistas coma Mercedes Peon (S.O.S.), Pepe Vaamonde (Introterra), Anxo Lorenxo (Tiran) e Roi Casal (Maxicamente Vello), por citar alguns, fan que a música galega siga pelexando por facerse o oco que se merece, e lle correspode por dereito, dentro do planeta musical que nos rodea
Paulo Gacio En clave de folk
Martes, 30 de noviembre de 2010
A música galega xa conta co seu propio karaoke, o Galeoke, un xogo no que poderemos desfrutar cantando os temas dos artistas galegos que mais nos gustan.
En principio sairá un primeiro volume que
contará con 16 cancións entre as que podemos atopar a grupos coma Os Resentidos, Berrogüetto ou Os Diplomaticos de Montealto entre outros. A escolla deste repertorio non foi fácil segundo os creadores, xa que : -A lista de cancións podería ser case infinita, contamos na música galega cun nivel altísimo de creatividade en todos os estilos. Intentamos ter máis ou menos unha representación de todos eles. Unha das peneiras foi escoller a grupos que rexistran a súa obra baixo licenzas libres. -Non por iso podiamos deixar de lado as cancións que forman parte da nosa historia ou que contan cun peso especial na cultura galega actual.
Unha iniciativa que na sua presentación foi moi ben acollida polo público e que de seguro terá continuidade con máis cancións, mais grupos e mais discos. O que tamén vai servir para promocionar a música galega, e que moita xente coñeza a gran cantidade de grupos que ai en galiza e o grandisimo nivel que atesouran.
O proxecto presentouse no CulturGal, en Pontevedra, e en Nadal estará na rúa.
A partir do 21 de decembro poderase atopar nas tendas de discos e en www.toupa.net
Mais info en : www.galeoke.com
Paulo Gacio En clave de folk
Martes, 16 de noviembre de 2010
A asociacion de Musicos ao Vivo fará unha campaña de achegamento tanto a outro músicos coma a medios de comunicación.
Esta asociación creada hai mais de un ano, ven a encher un oco existente neste colectivo no que se refire o asociacionismo en Galiza, e pretende así loitar de maneira mais eficaz polos seus dereitos diante das institucións públicas e privadas, como xa o fixeron antes outros gremios coma o cine ou o teatro.
A campaña comezará coa II XUNTANZA da asociación o domingo 21 de novembro en Santiago de Compostela. Esta convocatoria está aberta a todos os músicos de Galicia, sexan socios ou non. Como di o lema da Xuntanza “Todo o mundo é benvido“.
Unha semana despois terán lugar ás Reunións Simultáneas en tres vilas galegas: Lugo, Ourense e Vigo.
A proposta vai dirixida a achegar a asociación e os seus servizos aos músicos e colectivos de músicos destas zonas da xeografía galega ás que nunca chegara Músicos ao Vivo ata o de agora.
Esta asociación tamén terá representación no Culturgal (Feira das Industrias Culturais), que se celebrará o último fin se semana de novembro no Pazo de Congresos de Pontevedra, e que servirá para poñerse en contacto coas empresas audiovisuais, editores, programadores musicais e os profesionais das artes escénicas.
Mais información en www.musicosaovivo.com
Paulo Gacio En clave de folk
Jueves, 28 de octubre de 2010
Fia na Roca despidese o próximo mes de xaneiro no festival Celtic Connection de Glasgow (Escocia).
Segundo un comunicado feito público na sua páxina web, a formación decidiu facer un alto no seu camiño para “refrescar ideas e atender a outras iniciativas”. Iniciativas que levan a moitos dos seus integrantes a formar parte noutras formacións do panorama folk galego e proxectos que seguramente verán moi pronto a luz coma é o caso da carreira en solitario da sua vocalista Sonia Lebedynski.
Despídese un dos grupos galegos con mais personalidade e que fixo que a sua música chegase a ser identificable tando en Galiza coma fora das nosas fronteiras, algo moi dificil dentro da escea musical.
Fia na Roca no Teatro Principal
Paulo Gacio En clave de folk
Jueves, 9 de septiembre de 2010
Marful presentarán o seu novo CD, “Manual de Sedución” no programa En clave de folk en directo o luns a medianoite.

Este MANUAL DE SEDUCIÓN é unha proposta luminosa, exuberante e viaxeira. Brasil, Cuba, Italia… son lugares aos que Marful viaxa creativamente, desde as tabernas dos portos até os xardíns románticos, desde os cinemas vellos até as grandes extensións de vides. Incluída a intensa viaxe polos recovecos do sistema nervioso, do afectivo e das miserias e misterios do universo todo. 4 viaxeiros que saben cando é a partida mais non a chegada. Nin emigrantes, nin turistas: viaxeiros. 4 exploradores que saben buscar o punto entre o imaxinario e o real. Ugia Pedreira (cantante), Pedro Pascual (acordeón diatónico), Marcos Teira (guitarra) e Pablo Pascual (clarinete baixo) souberon situarse no panorama nacional e internacional, ofrecéndonos unha música elegante cunhas letras persoais e irónicas e unha posta en escena irreverente e emotiva.
Se queres saber mais do grupo e do seu novo traballo, podes facelo escoitando o vindeiro luns a medianoite a entrevista os seus membros no programa En clave de folk.
Participa no programa enviando as tuas preguntas para os musicos a este blog.
Mira o videoclip do tema Pasodoble universal na seguinte enlace: Pasodoble universal
Paulo Gacio En clave de folk
Martes, 29 de junio de 2010
O gaitero de Moaña fai un percorido polas suas últimas xiras por todo o continente, nunha viaxe que culmina ca actuación de Budiño no festival de Ortigueira.
Xosé Manuel Budiño volve a apostar pola crearividade con un traballo, esta vez a modo de Road Movie na que o gaiteiro de Moaña pasea a sua música polos catro continentes.
En Volta, os grandes clásicos de los discos de Budiño fanse un oco entre os temas nuevos, unidos por testimonios dos seus amigos Kepa Junquera, Mercedes Peón, Xoel López ou Jorge Pardo.

Paulo Gacio En clave de folk
Lunes, 21 de junio de 2010
Tres anos despois de acadar o primeiro posto no VIII Certame de Folk “Radio Obradoiro” e dous anos despois do seu primeiro CD “Aliaxe”, Pradairo volve para presentarnos o seu segundo traballo discográfico titulado “Pateado”, nome que reciben as xotas na comarca de Compostela, e que foi presentado na mesma sala onde xa presentaran o anterior traballo, o teatro principal de Compostela.
Como eles mesmo o definen Pateado é “a reafirmación das nosas músicas como punto de partida irrenunciable para chegar a unha proposta musical diferente coa que nos poidamos sentir identificados”.
Pradairo afronta neste disco o reto de sumar armonías e arranxos actuais a dez temas tradicionais recollidos
por toda a xeografía galega. O resultado é un disco coidado ata o detalle no que acordeón, saxo, gaitas, voces e todo tipo de percusións contribúen a crear para cada tema unha realidade sonora nova sen perde-la súa identidade.

Paulo Gacio En clave de folk
Lunes, 24 de mayo de 2010
Kosmogonías é o quinto traballo discográfico da formación, un disco reflexivo e maduro, que orbita máis próximo á tradición que os anteriores, pero sen perder a esencia e o estilo que caracterizou a banda dende o big-bang que supuxo Navicularia (1996)

O disco desta volta acheganos voz de Xabier Díaz coma una das novidadas mais salientables, que substitúe a de Guadi Galego. Este cambio fixo que o grupo se adentrase mais no mundo da musica tradicional ainda que non perderon de vista os temas de composición propia que caracterizaro desde os comenzos a musica de Berrogüetto
Por outra banda, o álbum amósase como un proxecto multimedia, coas achegas dos escritores Manuel Rivas e Rosa Aneiros e da creadora audiovisual Olaia Sendón.
Paulo Gacio En clave de folk
Lunes, 17 de mayo de 2010

Primeira edición dos Cursos Folkterra, que se celebrarán durante os días 18, 19 y 20 de xunio no Barrio de Canido da capital Ferrolana.
Para esta primeira edición, faise una aposta clara por reunir a docentes con un curriculum verdadeiramente envidiable e una gran variedade de instrumentos. Unha oferta que a compoñen:
Whistle: Abraham Fernández
Gaita galega: Marcos Campos
Acordeón: Fernando Fraga
Bouzouki e Guitarra:Fernando Barroso
Mandolina e Cavaquinho: Luis Peixoto
Violín Folk: Alfonso Merino
Bodhran: Pablo Vergara e Pablo Condo
Canto e Pandeireta: Xela Conde
Percusión Tradicional: Sandra López-Villar
Arpa Céltica: Xulio Abal
Baile Tradicional: Miguel Sotelo
O prezo dos cursos é de 50€. Todos aqueles interesados, recordade que as prazas para los cursos son limitadas.
O enderezo de contacto é o seguinte cursosfolkferrolterra@gmail.com e nos teléfonos Pablo: 633501324 Fernando: 666369090
Paulo Gacio En clave de folk
Domingo, 10 de enero de 2010
O “X Certame Folk” xa ten finalistas
Despois dun complicado proceso de seleción, a organización do X Certame de Folk Radio Obradoiro vén de facer públicos os nomes dos catro finalistas desta edición. Tratase dos grupos galegos Atamais e Vou Trio, os asturianos Patriband Folk Orllestra e os Catalans Keympa.
Estas catro formacións actuarán o vindeiro 22 de xaneiro na final que se celebrará no Teatro Principal de Santiago, onde cada un deles interpretarán tres temas, alomenos dous ineditos. Será xurado composto por cinco persoas quen ditamine quen é o merecedor do primeiro premio, que nesta X edición pasa de ser a gravación dun Cd a un premio en metalico de 1500€. Coma sempre o xurado estará conformado por diferentes expertos relacionados coa musica de raiz dende distintos ámbitos: música, industria discografica e medios de comunicación.
Mentres se produce a deliberación, os asistentes a gala final poderán disfrutar da actuación en directo do grupo Coanhadeira, gañadores da anterior edición deste certame.
Paulo Gacio En clave de folk