Pagar ou pagar. Esa é a cuestión.
Onte pola noite quedeime sen o capítulo de rigor da miña serie favorita. Non había servidores en funcionamento en “seriesyonkis”. Non sei vós, pero eu teño a sensación de que nos estamos xogando algo máis que o capricho de baixarnos a película de turno.
Pero recapitulemos, para ver como chegamos a esta guerra
legal no entorno virtual que parece non ter fin.
O 18 de xaneiro a iniciativa “Web goes on strike” promoviu unha folga de 24 horas que secundaron sitios web tan importantes como Wikipedia ou Google. Protestaban polo proxecto de lei antipiratería de EEUU, a SOPA. Ao día seguinte o FBI pechou Megaupload e detivo sete dos seus empregados acusados precisamente de delitos de piratería en internet. En resposta a isto, o grupo internacional de hackers “Anonymous”, bloqueou seis importantes páxinas webs, entre elas a do Departamento de Xustiza estadounidense, e ameazou con facer o mesmo coa do FBI. Agora, os grandes sitios web prevén outro parón de 24 horas o día previo á discusión da SOPA no Congreso dos Estados Unidos, en protesta. Todo esto está desencadeando moitas reaccións por parte de organismos e empresas importantes, que deciden non apoiar o proxecto de lei. Mesmo Barak Obama acabou mostrando o seu rexeitamento.
Parece imparable. E tamén parece que unicamente se conseguirá algo parecido ó que pasou tras o peche de Napster hai uns anos. Nada. Porque aparecerán novos soportes e modelos de negocio que non sexan ilegales pero que igualmente eludan o pago dos prezos que lles corresponderían aos autores. Por eso, para resolvelo, por moito que a industria cultural non queira, terá que entender internet e adaptarse, redefinirse e dar cun sistema que respete os dereitos dos autores a percibir remuneración xusta e á súa vez o dereito dos consumidores a acceder á cultura con máis facilidades. Xa existen páxinas web que deron con este equilibrio, como Spotify. Os consumidores páganlle a eles, e eles ós autores. Lúcranse pero non a conta dos creadores do produto, e ninguén sale perdendo. Pero, ollo, mentres sigan existindo outras alternativas que resulten gratis e fagan millonario a un xenio da informática, non desaparecerá a piratería. Así que, que se persigan os delincuentes, pero que atopen a maneira de que poida seguir vendo a miña serie sen converterme en “complice” de un delito. E a un prezo razoable.





RSS

El desconocimiento de alguna gente, periodistas incluidos, sobre el negocio de Internet es tal, que a menudo confunden churras con merinas. Imagínense que yo tengo un gran almacén y para hacer propaganda de mi negocio vendo ropa de marca a mitad de precio. Pagándola previamente al mayorista. ¿Quién delinque? Los que compran la ropa; yo. O todos… Seguramente ninguno. Uno es libre de regalar su dinero a quien quiera. A caso creen la trola de que en internet puede beneficiarse uno por listillo. Ni lo sueñen. Yo fui un especialista en redes y no es tan fácil burlar la tecnología. Un saludo.
Moi ben dito a lei sopa e unha lei abusurda internet e de todos