Os perigos da sorte.
Son desas persoas que ve a posibilidade dun aforro importante en pasar da Lotería de Nadal. ¿Por que parece que existe unha lei non escrita que obriga a asumir ese gasto a maoires do que xa supoñen esas datas? Sería pasarse de escéptico? Pois eu declárome oficialmente non crente neses xogos e en todas as súas variantes. Primeiramente porque, aínda que sei que existe o factor sorte e as casualidades, tamén existen os números e as probabilidades, que deixan pouco espazo para o primeiro. E en segundo lugar, porque creo que converterte en millonario do día para a mañá é máis unha desgracia que unha sorte. O diñeiro mal xestionado acábase, e se só fora iso e se volvese ó punto de partida, aínda se podería dar gracias; o problema é cando xunto co diñeiro tamén desaparecen a familia, os amigos, e a túa propia saúde mental. Existen numerosos casos nos que os premiados, que non estaban preparados para manexar esas cantidades de diñeiro, non souberon levar o brutal cambio de vida, e acabaron sen fortuna, con débedas e o que é peor, sen ninguén ó lado. E é que resulta moi difícil administrar correctamente tanto diñeiro se non tes a preparación axeitada , pero incluso conseguindo uns bos asesores e unha boa xestion da túa fortuna, como xestionas os afectos? Como saber diferenciar o interese do verdadeiro cariño?
Eu, cando menos, deixo aquí constancia de que non gastei os 71 euros que se gastaron de media os españois este ano en lotería de Nadal. Vexo claro que a clave, antes que en calqueira premio gordo, está nun mesmo. En asegurar o teu futuro preparándote para chegar onde queiras polos teus propios méritos e sen necesidade de esperar sequera que che toque a lotería.





RSS

La suerte es una señora de andar ligero y porte grácil, a la que muy pocos conocen, pues no se casa con nadie. Harta de que le abandonen, sin agradecomiento alguno, a quienes toca con su varita mágica. Dicen que es caprichosa y beleidosa, e inconstante como pocas. La suerte es un capricho de los dioses. Un saludo.