Queridos Reis Magos de Oriente:
Con sete anos sabía que todo o que pedía se me podía conceder, e que en último caso o problema sería de cantidade, así que escribía a carta por orden de preferencia tendo en conta que de ter vostedes dificultades serias por culpa do presuposto ou de incompatibilidades horarias, empezaríades a recortar polo final da lista. Excuso agora de seguir o mesmo sistema. Sei que a estas alturas hai cousas que probablemente sexan imposibles, así que limítense por favor a intentar cumprir o que entra dentro do factible. Con esto dito, pido para este ano que entra:
-Que telecinco cambie o 80% da súa programación.
-Que Zara volva ter uns prezos razoables.
-Que desaparezan os límites de 72 minutos de descarga de Megavídeo.
-Que o día do espectador regalen un paquete de palomitas coa entrada do cine.
-Que se consigan cartos para seguir coas obras da Cidade da Cultura.
-Que un experto nos asegure ao 100% que programas como “Sálvame” ou “Mujeres y Hombres y Viceversa” non danan seriamente o noso cerebro.
-Que os iphone S4 incorporen un chip rastrexador para evitar que nolo “collan prestado”.
-Que non desapareza o “menú aforro” do Burguer King.
-Que Rajoy cumpra a súa promesa de crear emprego agora que é presidente do Goberno.
-Que os deportistas de elite cobren menos.
-Que xente como o “follonero” non deixe de gañar o premio Ondas.
-Que o Adobe Photoshop PS5 sexa gratis.
-Que baixe a prima de risco.
-Que Novacaixagalicia non desapareza.
-Que saibamos por fin o desenlace de “Como conocí a vuestra madre”
-Que non teña que volver escoitar que un catedrático de Psicopatoloxía di no Senado cousas como que “os homosexuais teñen un trastorno mental”.
-Que deixen de emitir o certame de Miss/Mister España.
-Que a lei anti-tabaco siga como está.
-Que Belén Esteban non teña un salario maior que un mozo con unha carreira, dous masters e o título do First.
-Que o Spotify volva ser gratis.
-Que o Galego non desapareza das escolas Galegas.
-Que Merkel abra a man cos eurobonos.
-Que Dire Straits dea un concerto no Monte do Gozo.
-Que poñan máis tapas nos bares.
-Que non entremos en recesión.
-Que os mozos non deixemos nunca de mirar cara ao noso futuro profesional con optimismo e ilusión.





RSS

Los infancia y la navidad son algo hermoso. Es el tiempo de los deseos cocedidos y de los buenos augurios. El belén significa la ternura y la esperanza de un mañana redimido de la angustia. El árbol la abundancia de dones y la belleza de los sueños infantiles. El alma humana se renueva en navidad. Felicidad y prosperidad para todos. Un saludo.
bo traballo! copio e pego
Feliz navidad y próspero año 2012, para ti y los tuyos.
-Que ascenda o Depor!
Vémonos en fin de ano.
Felices festas!