«Comparte este vídeo se queres a paz no mundo.»
Kony 2012 é o vídeo viral iniciativa da ONG “Invisible Children (IC)” que, según visual measures, se convertiu na campaña de vídeo co crecemento máis rápido da historia. Superou nos seus primeiros días na rede as 60 millóns de visualizacións en Youtube e Vimeo, e recaudou 5 millóns de dólares nas primeiras 48 horas.
Nel pídeselle ó mundo actuar para atopar a “Kony”, líder da LRA, exército que secuestra e escraviza menores para convertilos en nenos soldado ou en nenas sirventas e escravas sexuais. IC quere que a repercusión sexa tal, que o líder rebelde se convirta nun personaxe mundialmente coñecido. Para iso precisan unha total difusión do vídeo por internet e as redes sociais. Pídennos por tanto que tras velo, o compartamos cos nosos contactos.
A iniciativa tivo unha apaixonada acollida, pero tamén recibiu moitas críticas por parte de expertos que consideran que a mensaxe simplifica o problema e incluso manipula información sobre os nenos soldado. Ademáis, como apunta o vídeo, Barack Obama enviou o pasado outubro un equipo especial de 100 soldados para localizar o líder rebelde, e algúns expertos adverten que a campaña virtual pode poñer en perigo esa misión encuberta. Tamén hai quen acusa ó vídeo de utilizar unha serie de mecanismos de manipulación que provocan, ó velo, unha emoción que incita a acción e a replicación.
Esta manupulación emocional non parece ética, aínda que sexa por unha boa causa. A información é unha cousa, e a propaganda outra. Deberíamos de facer un exercicio de reflexión para non reaccionar como os creadores deste tipo de vídeos queren ante determinados resortes que están meticulosamente pensados para manipularnos, e precisamente por iso me preocupa que o vídeo tivese tan rápida difusión. Ben é certo que a atención pública pode crear un ambiente no cal as solucions sexan máis probables, e que o labor desta xente é admirable e de agradecer. Todos queremos que desaparezan estas tremendas inxustizas para sempre, pero nunca se debe facer caso, punto por punto, ó primeiro que che din. Antes de darlle ó botón de “compartir vídeo”, temos que analizar ben o que vemos, ir ó fondo dos nosos motivos e non apoiar a intervención militar directa se non sabemos sequera do que se está a falar máis que pola información moi simplificada e resumida dun vídeo de 29 minutos.





RSS
